xoves, 19 de setembro de 2024

arrancamos!

Agora sí! faltaba Mouri! todos os anos temos que ir ao Coto Morgallón a traela para o cole, pois ela non sabe que o curso xa comezóu, con este tempo tan soalleiro cre que inda estamos de vacacións, se cadra sábeo de sobra  pero anda preguiceira  disfrutando do dolce far niente do verán, ou tamén, se cadra ten tantas ganas de comezar coma nós e por iso xa nos organiza a primeira aventura do curso, ou tamén pode ser que a Moura, súa nai, teña morriña do soniquete algareiro das crianzas polo monte, ou tamén pode ser que a profe xa comezara o programa