domingo, 25 de outubro de 2026
quen limpa o cole todos os días?
coñecendo Taboexa barrio a barrio
domingo, 18 de outubro de 2026
Ter 3 anos en Taboexa
Ter 3 anos en Taboexa é xenial. As crianzas poden vir ao cole ás 9 ou ás 10.00, o que se adapte mellor á dinámica familiar. Arredor das 10.00, despois da roda, encontro onde compartimos as nosas anécdotas e planificamos o día, van xogar aos recunchos, alí cada día elixen o espazo da aula onde desenvolverán os seus impulsos creadores, tranquilamente. Arredor das 11 a profe avisa de que vaian pechando o xogo porque se aproxima a hora do almorzo: 5 minutos!. Así, a orde de recoller non os colle por sorpresa.
sábado, 17 de outubro de 2026
o espazo escolar: o meu aliado
docente porque comprende as necesidades das crianzas e responde a elas, e tamén, porque coa súa fasquía bela e bondadosa, estimula nelas as máis elevadas iniciativas. Maís... non pensedes que é un ser romántico que habita no mundo das ensoñacións, non, éste meu aliado é pragmático e funcional e ten os pés na terra ben chantados, non hai detalle que lle escape, promove a autonomía das crianzas respondendo ás súas iniciativas co material e as instalacións necesarias .
Para máis bondades o meu aliado non cobra salario nen pide moito, un esforzo inicial e despois un mantemento regular que responde a unha atención sostida para confirmar que está funcionando ben ou rectificar aquilo que non flúe, en fin, para asegurarse de que cumple o seu cometido: colaborar co patrón de desenvolvemento natural da crianza que a leva cada día a ser máis autónoma e
luns, 28 de setembro de 2026
a visita
Hai un conto que gosta moito ao meu alumnado e eu ás veces me pregunto qué entenderán eles, pois fala do silencio, penso que estas crianzas de silencio entenden máis ben pouco, pois elas sempre andan na algazara. Era o silencio que visitaba á raposiña que quedara soa na toba mentres a súa nai saíra e ben que lle advertira que non abrira a porta a ninguén, pero o silencio insistía en que él non era ninguen, el era nada, era o silencio...xa vedes, filosofía para miudos. (A visita. Nuria Figueras e AnnaFont, ed Kalandraka)
Pois desta vez o conto mudou e foi a Raposa quen nos visitou a nós. Nun xesto de xenerosidade que abofé apreciamos, Raquél Queizás achegouse o pasado martes ao noso cole e víu cargada con deliciosos froitos de Outono. Disfrutamos da merenda con todos os sentidos e disfrutamos da súa doce compañía.
Agardamos vela outra vez en Xuño e que nos axude a topar o Tesouro da Moura agochado entre as súas historias cheas de astucia e sensibilidade. Vémnos axiña raposa, coidate moito e non papes moitas galiñas, alo menos non papes as de Taboexa, vai a Rubiós que están mais rechonchas....
querer o noso, coidar o noso
Esta é a cadeira onde, dende hai 12 anos, cada mediodía conto un conto ao meu alumnado, dende ela convídoos a voar coa imaxinación a lombo dunha historia, como precisamente hoxe dicíamos, divertida ou terrorífica, romántica ou de aventuras, que os confronte coa vida de cada un e coa realidade.
Seica este fin de semana andiveron por aquí uns malandros que se divertiron de lo lindo, se é que destruir é divertido: quebraron a cadeira, torceron o ferro da pá e do rastrillo, esnaquizaron varios ladrillos e deixaron todas as ferramentas regadas polo patio. Por se non fora abondo, deixaron no chan a lata baleira de refresco e a bolsa das chuches nun alarde de incivismo para vergoña dos seus adultos de referencia. Non sabemos quén son uns nen outros.
Qué mágoa e que raiba.
Mágoa por pensar que estas persoas non lles importou que estaban danando as instalacións e o material das crianzas pequenas, eses
sábado, 12 de setembro de 2026
comezamos con bo pé!
coma sempre os derradeiros en case todo, especialmente en comprensión lectora. Oxalá ese fora o noso problema máis grave no eido educativo, oxalá non foramos tamén campións en hastío e rexeitamento do alumnado hacia a escola e en consumo infanto-xuvenil de psicofármacos. Non fai falta que veña o informe PISA a dicirnos o mal que andamos, vémonolo ben. A análise das causas e deseño das solucións xa é máis complicado. Tampouco o eido educativo é unha excepción, na sanidade, na vida no rural, na saúde do planeta (quere dicir a nosa saúde)....etc, a situación non é moi optimista. Qué facemos?
xoves, 2 de xullo de 2026
a derradeira lección do curso
Tamén compre mencionar a gratitude porque todas as crianzas están ben e a pesar das numerosas saídas e de asumir ríscos físicos os accidentes foron todos superados. Unha sensación de pracidez que se suma ao anterior.
Total que é todo pracer, e, se inda por riba ven calor pois disfrutamos da auga que sempre imprime diversión ás nosas vidas, unha diversión fresca, alegre, non se pode explicar. (preguntade á IA porqué é tan divertido xogar coa auga, ela explícase mellor ca min).
Así ao longo da semana imos entregando as súas pertenzas e os traballos feitos ao longo do curso, tamén repartimos outros obxectos que non deben quedar no cole
Montescola 26
Despois de pasar todo o curso escoitando falar da Moura e os seus superpoderes, en Xuño dispómonos para "coñecela", pero antes debemos pasar certas probas como andar na procura de Mouri polo monte e montar o mapa que cacho a cacho imos topando para aumentar -inda máis-o entusiasmo.
Durante unha semana a actividade escolar trasládase integramente á area de monte comunal chamada por nós A Fonte da Moura (en verdade chámase a Fonte da Cabreira). Dende o novo centro de operacións, cada día, despois da roda e de saudar ao sol, saímos en busca de Mouri pero cada día voltamos á Fonte sen ela, máis non por iso desanimadas, pois
As rutinas da escola 4/4
Rutinas da escola 3/4:
dividida en 3 bloques separados por as interrupcións da mestra, minimizadas ao número de 2, e estudiadas ao detalle para que se vivan do xeito máis natural posible. A idea é conciliar o respecto polo fluxo creativo individual e colectivo coas necesitades materiais ou organizativas da escola. Creo que está ben conseguido, ou, alo menos, está deseñado a conciencia, con moita reflexión e coidado.
Ao redor das 11 da mañá, despois de que estiveran
domingo, 3 de maio de 2026
a visita dos ex
A normativa recomenda que todos os centros dunha localidade elixan os mesmos días, máis eu teño boas razóns para non facer caso (o interés superior do menor) así que elixo un deles diferente do CEIP a
Visitamos as nosas amizades
luns, 27 de abril de 2026
folga no ensino
con normalidade. Porque a mestra non quere secundar a folga? Non, porque non pode. Nunca puiden secundar unha folga porque todos os centros escolares deben permanecer abertos con servicios mínimos repectando así o dereito do alumnado á escolarización. Soa ben. Máis qué pasa co dereito á folga ? Parece que prevalecen os dereitos das crianzas por riba dos dereitos dos traballadores. Outravolta soa ben.
Soaría todo a música celestial e representaría unha moi digna posición da patronal, a Xunta de Galicia, se non fora porque o discurso é interesado e hipócrita, pois non se defenden os dereitos do meu alumnado, por exemplo,
luns, 20 de abril de 2026
profe...é moi importante!
E efectivamente era moi importante, e moi emocionante, era... que o xazmín florecera e estábanos agasallando co testigo do prodixio anual
Feliz día do libro ou ....un conto cada día, por favor!
As rutinas da escola 2/4
Pero tamén era importante reducir ao mínimo as interrupcións, pois cando unha criatura está entregada á actividade libre o seu patrón innato de desenvolvemento está actuando e orientando a súa
luns, 2 de marzo de 2026
As Rutinas da Escola 1/4
construir cousas.
luns, 9 de febreiro de 2026
o multigrao en toda a etapa obligatoria
xuntar 2 aulas, revólvome¨; non hai cousa que peor ature que a confusión interesada e a falta de claridade, pois con esas protestas deslizan implícitamente a mensaxe de que o multigrao é perxudicial, é un atraso propio das escolas rurais (ata o vicepresidente español o manifesta) as sempre perxudicadas... Qué ignorancia, nada máis lonxe da relidade.
Imos por partes. A protesta é lexítima en tanto en canto a ese cole lle suprimiron un docente. Onde antes había 10 crianzas con 2 profe, agora hai 20 cún só profe. Ahí está o problema, O centro aproveita a forza das familias para presionar á Consellería pero non informa convintemente de que en realidade o problema non é mesturar, o problema é que temos un docente menos no centro, e efectivamente é un problema, os recortes nas plantillas dos centros son voraces e precarizan
mércores, 4 de febreiro de 2026
Portas Abertas na EEI Taboexa (Xunta de Galicia)
tempo, literal. Pero desta vez convidámos expresamente ás familias que están pensando en escolarizar as crianzas o vindeiro curso. Ou a quen queira coñecernos. Ofrecemos unha atmósfera amable e respectuosa coa infancia, un proxecto educativo comprometido socialmente e defensor do disfrute e coidado do medio natural, e unha proposta educativa baseada no coidado mutuo.
Nela conviven unha manchea de ciranzas de 3, 4 e 5 anos, medrando xuntas en ambiente colaborativo, aprendendo a coñecerse, a coñecer o mundo, e a ser parte del.
Venres 20 de Febreiro na Escola, previa inscrición por teléfono. Ese día as adultas teremos un tempo de calma e atención para falar do proxecto e coñecer a escola, se é de voso agrado, as crianzas virán posteriormente.
Vinde coñecernos!
martes, 3 de febreiro de 2026
leccion de física ou...silencio, se juega!
A medio metro dél outro monta unha torre con pezas de madeira, o máis alta posible, claro, experimentndo o equilibrio/desequilibrio, coordinando desta vez os criterios de verticalidade, volume e peso. Dentro duns anos algun profe falaralle da fundamento físico do equilibrio dun obxecto según se a perpendicular do seu centro de gravidade pase ou non pola base de sustentación, e él non lembrará nada pero seguro seguro que unha das 100.000 millóns de neuronas vaise acender impulsada pola lembranza do
xoves, 29 de xaneiro de 2026
O neno que non quería vir ao cole ou... dubido, logo existo
E o neno di que non quere vir ao cole.
E o pai dubida, a él non lle importa, todo o contrario, que
o neno quede en casa; para él a escola é un recurso máis de socialización que
de conciliación. É feliz co seu fillo na casa.
O neno dí que non quere vir ao cole porque quere estar con
mamá TODO o tempo. Soa razoable, non?
O pai dubida, sente que o cole beneficia ao seu fillo pero non lle gusta pensar que está sufrindo, (é o pranto sinal inequívoca de sufrimento profundo?) non sabe qué facer, pide consello á
mércores, 28 de xaneiro de 2026
feliz 2026
clásico intercambio de postais.
Non é fácil comprender o paso do tempo para un ser que só sabe (sorte que teñen) vivir no presente. Pero é función da escola axudarlle a comprenderse a sí mesmo e o mundo en que vive, por tanto tamén o paso do tempo e a forma de medilo, inda que só
domingo, 19 de outubro de 2025
Apuntes de ciencia: motivación intrínseca/extínseca
O estudante que non está motivado non aprenderá. Poderá, con moito esforzo e o consecuente desgaste psicolóxico e anímico, memorizar datos e, se acaso aprobar un exame, pero non aprenderá de xeito eficaz, non senso amplo, integral, útil para a realización humana. Que é o que queremos non? ... non?
Existen varios tipos de motivación, o máis coñecido é o binomio intrínseca/extrinseca. Na motivación extrínseca, a conduta dase pola forza atractiva ou repulsiva hacia a
luns, 13 de outubro de 2025
Apuntes de ciencia: Os sistemas motivacionais de aproximación /evitación
Pode que sexa un atrevemento tratar de teorizar sobre conceptos que non domino ben, e posiblemente meta a pata (case seguro, coma sempre) nalgunha das miñas aseveracións. Inda así insisto en transmitirvos as novas adquisicións intelectuis relacionadas coa miña profesión e cos vosos fillos/as, non só para a vosa información, senon támén porque, como a neurociencia xa desvelou, o mellor xeito de aprender algo non é nen escoitando, nen vendo, nen facendo, senon, explicándollo a outro; así que fago o esforzo de ordear contidos e esruturar o relato para eu aprender. Agradécense comentarios, matizacións, correcións etc...
Gústame ler e formarme na neurociencia porque aporta evidencia científica ás intuicións, crenzas e convicións que moitas voces
mércores, 1 de outubro de 2025
Topamos a Mouri, xa pode comezar o curso!
xoves, 26 de xuño de 2025
A EEI TAboexa na Facultade de Educación de Ourense
Pois seguindo o fío, aclarada a prioridade do aspecto
Escola da Rata
se polo romanticismo dos tempos antiguos (vistos dende o benestar de hoxendía), máis embebidos de humanidade (presuntamente) e relacións cercanas ou porque sabía que precisaba bastante autonomía para desenvovler a escola que eu soñaba. Sexa como for no ano 2014 cheguei a Taboexa chea de ilusión e topei aquí, moitas alfaias, a primeria, a lenda da Moura que me levou da man todos estes anos por máxicos camiños , e despois, unha manchea de familias que ampararon decididamente a miña proposta pedagóxica. Da man dunha desas familias
mércores, 25 de xuño de 2025
os derradeiros días de curso...
....e despois do gran día da Procura do Tesouro da Moura coa raposa Raquel Queizás inda quedaba outra vivencia, que non por ser calmada é menos importante: os derradeiros días de curso.
Hai xa anos que me decatei do gran erro que era asignar o derradeiro día de curso para o evento de despedida (festival, festa, ertc...) . Eu ben vivín como as emocións do evento final chocaban coa emoción propia do derradeiro día e unhas non deixaban disfrutar das outras, interferíndose mutuamente.
Na procura do Tesouro da Moura de Taboexa
Pero comecemos polo principio. Temos un mapa da Cova da Moura, alí están (presuntamente) o Tesouro, Mouri e a merenda prometida. Sabemos que a Raposa é crucial para topar o camiño certo. A Raposa é Raquel Queizás, contadora de historias de profesión e raposa como identidade sentida; ela leva xa uns anos acompañándonos coas súas historias de galiñas, ourizos, lobos, todos animais do monte amistosos cómplices das nosas andanzas.
Mina, a avoa de David (David xa non é alumno pero lembrámolo ben) ven

.jpg)


















.jpg)