
Ela cando salta, ri. E os demais tamèn, què sucede no seu
cerebro e no resto do corpo que lles produce alegría o movemento? No periodo sensoriomotor as aprendizaxes acontecen
no seu cerebro a través das sensacións corporais e o movemento. Xa o dixo
Piaget no sèculo pasado, hai que telo moi en conta, estes nenos e nenas non sò
teñen dereito a poder moverse con liberdade (nun espacio seguro e amable) se
non que è unha vìa moi eficaz de desenvolvemento integral que prepararà o seu
organismo para as operaciòns mentais mais complexas propiamente acadèmicas, sedentarias e
cerebrais. Sì.Saltar agora para ler
despois, a correspondencia està probada, antes de ler e escribir un neno debe
xogar a pelota, saltar à pata coxa, correr para adiante e atrás, andar en bici…a
neurociencia nos està a advertir de que as actividades propias da infancia, dende
o principio dos tempos, son precisamente as que precisa un organismo en
maduraciòn para posteriromente afrontar operaciòns mentais mais complexas
mellor preparado. Por iso tanto as nosas crianzas como nos cando eramos
crianzas xogamabos igual, a colocar paus, amontonar terra, alinear pedriñas,
correr, saltar…son acciòns que resonden a impulsos naturais deseñados pola nosa
natureza para vehiculizar as aprendizaxes propias da etapa infantil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario