O pasado mércores 29 de xaneiro reunímonos ás familias de Taboexa e Rubiós para compartir a que sería a primeira reunión da Escola de Familias. Concretamente esta versou sobre o tema de intelixencia emocional. En base a isto comentar unhas pequenas reflexións que xurdiron ó longo da xornada.
A evidencia empírica demostra os grandes beneficios da intelixencia emocional xa que ó contrario que o CI ésta si que axuda a alcanzar o éxito na vida e non só a nivel profesional senón no día a día e dicir, axúda a
á felicidade
O informe Delors (UNESCO 1996) recoñece que a educación emocional é
imprescindible
para o desenvolvemento cognitivo e unha ferramenta fundamental na prevención de futuros problemas. A educación emocional ten como obxectivo axudar as persoas a descubrir, coñecer e regular as suas emocións e convertilas en competencias. De ahí a importancia de traballalas tanto na escola como na casa.

E por último subliñar que só se aprende o que se ama e iso é o que
temos que conseguir nos infantes, que disfruten aprendendo e que teñan as
ferramentas necesarias para facelo, coidando o seu ambiente de xeito que se
xeren aprendizaxes significativos de forma natural e respetuosa, favorecendo a
súa expresión e a actitude crítica.
Facemos estas xuntanzas para darnos a posibilidade de afondar en asuntos educativos ou de crianzas que sempre quedan atrtás nas reunións trimestrais, mási ocupadas en asuntos organizativos, asi que, coa intención de ser útiles ás familias e afortalar os lazos que nos unen como comunidade educativa agardamos que fora do voso interese e vémonos na seguinte. As novas tecnoloxías e a infancia.

Achegamos enlace a un vídeo de interés: A metáfora da autoestima como fichas de poker (discúlpese a posible asociación con ludopatías, o estilo do ponente e ben peculiar pero a comparación está moi ben construída ao noso entender)
Ningún comentario:
Publicar un comentario