mércores, 19 de xaneiro de 2022

a importancia do movemento(2). O equilibrio

O chan é o primeiro espazo de xogo-aprendizaxe dun bebé, cando se move o contacto co chan e os obxectos infórmanlle dos seus límites físicos: e a aprendizaxe propioceptiva. Os primeiros movementos dos bebé son descontrolados, pero a base de práctica éstes afínanse ata chegar a funcionar eficazmente: coller un obxecto, soltalo, aproximar a culler á boca,  camiñar.... de feito, camiñar é a resposta do corpo para evitar cair!. 

As multiples experiencias de movemento que ser
repetiron durante o primeiro ano,  proporcion ao

corpo a forza muscular precisa (tono) fronte á gravidade, e o entrenamento do equilibrio prepara ao individuo para a postura erguida. Non se pode separar o equilibrio seguro do desenvolvemento do control postural, que á súa vez apóiase na información dos sistemas visual propioceptivo e motor. 

O coñecemento da nosa posición no espacio é esencial para calquera actividade nel. Da mesma maneira que non podemos movernos nun mapa sen coñecer a nosa posición, as habilidades académicas como a lectoescrita precisan dun equilibrio estable que apuntale a direccionalidade.

E cómo entrenamos o equilibrio? A través do movemento, pero tranquilidade, a propia crianza nos gúía: e que se o neno gosta de columpiarse é porque precisa o balanceo, se gosta de saltar é porque precisa esa sensación, se gosta de tirarse polo tobogán, é porque ese exercició lle proporciona os elementos necesarios para a maduración do seu equilibrio,  rubir unha árbore, dar voltas e voltas, subir e baixar...esas accións que eles procuran porque lles proporcionan placer, son precisamente as que precisan para liberarse dos reflexos primitivos e desenvolver un sentido do equilibrio forte e estable. Xa o dicía maría Montessori, hai que seguir á crianza.

O entrenamento destes sistemas é un proceso gradual que implica a maduración das conexions vestibulares ata alo menos os 7 anos, continuando o proceso madurativo ata mais aló da pubertade. 

Cada cousa ao seu tempo señores, as nosas crianzas están agora no periodo sensoriomotor, teñen unhas necesidades de movemento e sonsoriais que debemos satisfacer. Hai que confiar neles. Hai que sentar os límites e confiar.





Ningún comentario:

Publicar un comentario