luns, 24 de febreiro de 2025

os misterios da motivación

Ao principio dixo que sí, que quería facer o crebacabezas, pero cando víu as pezas todas desordeadas enriba da mesa unhas encima das outras, eu dinlle a instrución (moi común en xogos de pezas, dominós, etc) de por todas as pezas boca-arriba (a planificación, sistema, e orde na execución dunha tarea precisa dun maior desenvolvemento da corteza prefrontal). Daquela debilitouse o seu convencemento, pero a profe nese intre sostiven a situación aportando a firmeza que faltaba, así que, confiando na súa ascendencia e confiando nela, o meniño fixo o que se lle dicía. Pezas boca-arriba.

A tarefa mostraba agora de cheo a súa complexidade e o neno dubidaba, fraqueaba, comunicaba que xa non lle apetecía, a profe sostiña, daba unha axuda por aquí e por alá cando vía ao neno máis feble(fai primerio o marco, a  ver que che coloco eu esta peza...), retrirándose a continuación para permitir a autonomía, coidando que o balance de forzas entre motivación, sentimento de fracaso, deseo de superación, sentimento de incompetencia/competencia, confianza en sí propio, fatiga, confianza na mestra, etc etc (non imaxinamos cantos elementos entran no feito de perseverar)  resultara positivo coa mínima interveción pero asegurando o éxito. Tratando de que o neno se sitúe no mOdo exploración mellor que no modo defensa, pero cos seus propios medios e por tanto cos pés na terra.

Despois pasados uns minutos a execución fluía, xa non precisaba da profe, o crebacabezas estaba encamiñado con ritmo.

A profe sentíuse satisfeita e, pensando que podería estar canso e que xa traballara bastante e xa aprendera a lección do día (Eu podo) propuxolle deixalo e seguir mañá (é unha opción socorrida cando a dificultade ou o cansazo apretan e antes de que emerxa o noxo), pero ah! a lección esta vez foi tamén para a profe, pois o meniño dixo que non, que quería rematalo, claro! o que sempre dí a profe: O que se comeza, remátase!.

Foi un pracer aprender esa lección: Ao principio a sensación de incompetencia tiraba do neno para atrás e a intervención da profe fixo que a sensación mudara a competencia e tirara del para adiante!

Ai canto podería mellorar a acción docente se dedicáramos tempo a observar detidamente, a apoiar só o mínimo preciso, a animar no momento xusto, a tratar de desentrañar os misterios da motivación!








Ningún comentario:

Publicar un comentario