Comezamos o derradeiro trimestre celebrando os libros, eses que nos fan rir e chorar, aprender e comprender, esquecer e lembrar, viaxar hacia afora e hacia adentro..., é por iso que amamos os libros e coidamos a aprendizaxe das primeiras letras como ouro en pano, pois do coidado con que se traten estes primeiros esforzos e descubertas, dependerá en parte o goze e aproveitamento de tantas lecturas que a rapazada ten por diante. Feliz día do Libro! Grazas á Comunidade de Montes e ás Veciñas que se achegaron a pasar un rato con nós. E á cantina de Geni, porsuposto que nos adozou a boca co seu sabedeiro biscoito. Podedes pasar a recoller o voso
mércores, 23 de abril de 2025
mércores, 9 de abril de 2025
As crianzas son antifráxiles
Cando sopla o vento torce a árbore, isto tira das raices do
lado de barlovento e comprime a madeira do tronco do lado oposto provocando que
o sistema radicular se expanda para procurar unha anclaxe mais firme alí onde se
precisa, ao tempo que as células da madeira comprimida cambian a súa estrutura para
facerse máis fortes e firmes.
A árbore é antifráxil, non é que sexa robusta e ature o vento
sen quebrar, é que precisamente NECESITA o vento para facerse forte!.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)