A árbore é antifráxil, non é que sexa robusta e ature o vento
sen quebrar, é que precisamente NECESITA o vento para facerse forte!.
O sistemna inmunitario humano é antifráxil: necesita verse exposto á sucidade os parásitos e as bacterias para a súa óptima confioguración durante a infancia.
E as crianzas son antifráxiles, necesitan experimentar a dor,
o medo, a frustración, as disputas entre iguais, etc, para desenvolver as competencias á hora de
calcular riscos, de sobrepoñerse ante as
decepcións, de coordinar os seus desexos cos dos demáis, en definitiva de
xestionar á súa vida e as súas (manexabeis) viscisitudes. O seu patrón interno
de desenvolvemento, en efecto, impúlsaos, en modo descubrimento*, a afrontar novos
desafíos nos seus xogos, que acostuman a incluir certos riscos, máis alto, máis rápido, máis lonxe, máis
difícil, máis, +mási, máis...
Unha nena/o sometida a un estilo sobreprotector de crianza,
nunha burbulla de satisfacción, protexida da frustración as consecuencias e as emocions negativas pode
non estar desenvolvendo eficazmente a competencia, o autocontrolm a tolerancia
á frustración e a autoxestión emocional necesarias para o seu óptimo
desenvomvemento e maduración. Algúns estudios vinculan este estilo de crianza
(helicóptero) con trastornos de ansiedade, baixa autoestima e dificultades para
adaptarse aos novos entornos da vida.
As crianzas son intrínsecamente antifráxiles, por iso as que
están sobreprotexidas son mais propensas a que, de adolescentes se atasquen en
modo defensa*, no que tenden a aprender menos, ter menos amigos íntimos, máis
ansiedade e máis dor polos conflitos ordinarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario