Comezamos o derradeiro trimestre celebrando os libros, eses que nos fan rir e chorar, aprender e comprender, esquecer e lembrar, viaxar lonxe e para adentro..., e por iso que amamos os libros e coidamos a aprendizaxe das primeiras letras como ouro en paño, do mimo con que se traten estes primeiros esforzos e descubertas, dependerá en parte o goze e aporveitamento de tanteas lecturas que a rapazada ten por diante. Feliz día do Libro! Grazas á COmunidade de Montes e ás Veciñas que se achegaron a pasar un rato con nós. E á cantina de Geni, por
suposto que nos adozou a boca co seu sabedeiro biscoito.Podedes pasar a recoller o voso agasalla cando queirades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario