luns, 9 de febreiro de 2026

o multigrao en toda a etapa obligatoria

Cada vez que vexo nas noticias as familias ou profesorado dun centro protestar porque "tiveron" que
xuntar 2 aulas, revólvome¨; non hai cousa que peor ature que a confusión interesada e a falta de claridade, pois con esas protestas deslizan implícitamente a mensaxe de que o multigrao é perxudicial, é un atraso propio das escolas rurais, as sempre perxudicadas... Qué ignorancia, nada máis lonxe da relidade.

Imos por partes. A protesta é lexítima en tanto en canto a ese cole lle suprimiron un docente. Onde antes había 10 crianzas por docente agora hai 20. Ahí está o problema,  O centro aproveita a forza das familias para presionar á Consellería pero non informa convintemente de que en realidade o problema non é mesturar, o problema é que temos un docente menos no centro, e efectivamente é un problema, os recortes nas plantillas dos centros son  voraces e precarizan

mércores, 4 de febreiro de 2026

Portas Abertas na EEI Taboexa (Xunta de Galicia)

En realidade a porta da nosa escola está aberta case todo o
tempo, literal. 
Pero desta vez convidámos expresamente ás familias que están pensando en escolarizar as crianzas o vindeiro curso. Ou a quen queira coñecernos. Ofrecemos unha atmósfera amable e respectuosa coa infancia, un proxecto educativo comprometido socialmente e defensor do disfrute e coidado do medio natural, e unha proposta educativa baseada no coidado mutuo.

Nela conviven unha manchea de ciranzas de 3, 4 e 5 anos, medrando xuntas en ambiente colaborativo, aprendendo a coñecerse e a coñecer o mundo. e a ser parte del.

Venres 20 de Febreiro na Escola, previa inscrición por teléfono. Ese día as adultas teremos un tempo de calma e tención para falar do proxecto e coñecer a escola, se é de voso agrado, as crianzas virán posteriormente.

Vinde coñecernos!

martes, 3 de febreiro de 2026

leccion de física ou...silencio, se juega!

O menino observa interesado como a burbulla de auga dentro do nivel se despraza á dereita ou esquerda según el torce a madeira hacia un lado ou outro,  e nesa investigación empírica emprega un bo tempo. Qué podería aportar eu nese intre?...nada, bon, sí, moito, asegurarme de que o menino en cuestión se sinta seguro e libre, que sinta que non hai ningunha ameaza sobre o seu benestar, que abandone o modo alerta para pasar ao modo descubrimento e libere así todo o seu potencial intelectual, e floreza, brile, activetodos os seus recursos cognitivos ao servizo dodescubrimento que está a acontecer: A verticalidade.A mestra observa, saca foto e asegúrase de que teña todo o tempo qeu precise para o seu experimento.

A medio metro dél outro monta unha torre con pezas de madeira, o máis alta posible, claro, experimentndo o equilibrio/desequilibrio, coordinando desta vez os criterios de verticalidade, volume e peso. Dentro duns anos algun profe falaralle da fundamento físico do equilibrio dun obxecto según se a perpendicular do seu centro de gravidade pase ou non pola base de sustentación, e él non lembrará nada pero seguro seguro que unha das 100.000 millóns de neuronas vaise acender impulsada pola lembranza do