martes, 3 de febreiro de 2026

leccion de física ou...silencio, se juega!

O menino observa interesado como a burbulla de auga dentro do nivel se despraza á dereita ou esquerda según el torce a madeira hacia un lado ou outro,  e nesa investigación empírica emprega un bo tempo. Qué podería aportar eu nese intre?...nada, bon, sí, moito, asegurarme de que o menino en cuestión se sinta seguro e libre, que sinta que non hai ningunha ameaza sobre o seu benestar, que abandone o modo alerta para pasar ao modo descubrimento e libere así todo o seu potencial intelectual, e floreza, brile, activetodos os seus recursos cognitivos ao servizo dodescubrimento que está a acontecer: A verticalidade.A mestra observa, saca foto e asegúrase de que teña todo o tempo qeu precise para o seu experimento.

A medio metro dél outro monta unha torre con pezas de madeira, o máis alta posible, claro, experimentndo o equilibrio/desequilibrio, coordinando desta vez os criterios de verticalidade, volume e peso. Dentro duns anos algun profe falaralle da fundamento físico do equilibrio dun obxecto según se a perpendicular do seu centro de gravidade pase ou non pola base de sustentación, e él non lembrará nada pero seguro seguro que unha das 100.000 millóns de neuronas vaise acender impulsada pola lembranza do

experimento e do pracer sentido, coa calma, con todo o ambiente ao seu favor. Co respecto e a admiración do que é obxecto unha nena que xoga, que experimenta, que aprende.

Estamos falando do xogo libre, actividade espontánea da crianza impulsada polo mesmo patrón de conduta e instinto explorador que a levou a buscar o pezón no mesmo intre de nacer, que a levou a gatear para desprazarse, a falar, a camiñar...a profe é unha asistenta dese patrón, é a encargada de que todo arredor estea en orde para que a crianza se entregue sen reservas.

Tempo hai tamén para a actividade dirixida, aquela que a mestra deseña con coidado e consideración hacia o nivel madurativo e os interesesdo alumnado, pero que xa ten un obxectivo, unha finalidade, que vai requerir da crianza un esforzo de conceentración, de postura, de traballo, iso tamén vaise introducindo pouco a pouco na escola. Pouco a pouco, respectando ritmos.

Tamén hai outras actividades que teñen que ver coa responsabilidade e a convivencia, ordear despois de xogar, escoitar e seguir as indicacións da profe, respectar os tempos da aula, coidar o trato hacia os compañeiros/as...

Non se nos malinterprete cando falamos de respectar o dereito ao xogo libre. Iso non significa que os abandonamos ao hedonismo e egoismo, non. Hai un tempo para cada cousa e todo vaise levando da man.



profe:por qué as bolas de cristal petan máis forte? 
Artai: porque pesan máis
A Artai só lle falta a formula v:m/c2, o coñecemento intuitivo xa o adquiríu


experimentando o xiro , o concepto de radio e de círculo

El movimiento helicoidal es un movimiento rototraslatorio que resulta de un movimiento de rotación en torno a un eje dado con un movimiento de traslación a lo largo de ese mismo eje, ahí é nada!

Ningún comentario:

Publicar un comentario