xuntar 2 aulas, revólvome¨; non hai cousa que peor ature que a confusión interesada e a falta de claridade, pois con esas protestas deslizan implícitamente a mensaxe de que o multigrao é perxudicial, é un atraso propio das escolas rurais, as sempre perxudicadas... Qué ignorancia, nada máis lonxe da relidade.
Imos por partes. A protesta é lexítima en tanto en canto a ese cole lle suprimiron un docente. Onde antes había 10 crianzas por docente agora hai 20. Ahí está o problema, O centro aproveita a forza das familias para presionar á Consellería pero non informa convintemente de que en realidade o problema non é mesturar, o problema é que temos un docente menos no centro, e efectivamente é un problema, os recortes nas plantillas dos centros son voraces e precarizan
gravemente a atención ao alumnado, quen máis o resinte é o alumnado con necesidades especiais, todos sabemos das mobilizaciósn recentes deste ano.Pero non perdamos o foco, eu quería falar do multigrao, das súas bondades, quería reivindicalo como unha organización escolar óptima, e quería explicarme ben, a ver se dou feito.
A cotío escoitamos que o multigrao favorece ás máis pequenas pero perxudica ás maiores, porque as maiores pulan das pequenas pero éstas son unha rémora para o avance de aquelas. FALSO.
O multigrao representa un valor pedagóxico baseado na heteroxeneidade e por tanto na atención individualizada, pois non cae no erro de supoñer un único nivel. O multigrao parte da aceptación dunha diversidade na que cada quen aporta según a súa capacidade e vocación e asimesmo recibe según a súa necesidade. O multigrao tamén racha coa idea de que é o profe quen dá e o alumnado quen recibe, pois neste sistema, sen ignorar o protagonismo incontestable do docente, todos damos e recibimos, e atopamos aproveitamento nas dúas accións.
O grupo homoxéneo é especialmente inxusto e absurdo nos primeiros nos de escolarización onde separamos crianzas que naceron cun día de diferencia só por facelo en distintos anos (31/12 e 01/01), a esas 2 crianzas se lles asignan e supoñen diferentes niveis evolutivos e diferentes obxectivos curriculares. É delirante. Nos tres anos que dura a etapa infantil prodúcese ese desaxuste tres veces. Se traballamos con idades misturadas e aceptamos que inicien a escolarización, se a conciliación familiar o permite, cando teñan a madurez adecuada, ese desaxuste producirase cando entren en primaria, só unha vez e a unha crianza de 5/6 anos, máis madura que unha de 2/3 anos, onde as diferencias son moito maiores.
E ademáis, e ahí ven o cerne da cuestión, o multigrao favorece a colaboración entre o alumnado, un alumno pode axudar a outro, independentemente de que sexan maiores ou menores, na aula multigrao, o estigma da idade queda máis diluído e emerxen as habilidades, competencias, vocacións e intereses que se manifestan, pode que en certo modo asociado á idade pero non dun xeito tan ríxido como establece o agrupamento homoxéneo. Que a estrutura da aula considere e favoreza a aprendizaxe entre iguais pon sobre a mesa a idea de que todos podemos aprender de todos, que todos somos competentes en algo, que todos podemos ofrecer axuda, e que todos precisamos axuda dos demáis, e eis unha mensaxe dun valor incalculable, imposible de transmitir nunha lección, unha mensaxe que penetra en nós sen nomeala e que ten un alcance moi significativo a nivel de empatía e socialización, pois estamos acompañando o desenvolvemento de seres humanos que van a convivir, e que a convivencia e a relación social conforman unha gran parte de nós como persoas.
Comprender e tomar conciencia do que lle acontece ao outro permite facer propostas positivas para a resolución de conflitos e incrementar os niveis de empatía, o alumnado síntenes máis cómodos , máis acompañados, teñen rutas de comunicación abertasentre eles que poden favorecer aconvivencia e evitar o aillamento.
Pero iso non é todo, por se alguén desconfía, enon lle parece abondo a cuestión da empatía ou das ensinanzas que nos deixa o ser útil a alguén ou que alguén faga algo por nós, ou non lle parezan propias do ámbito escolar, imos entón a abordar esta outra dimensión: O multigrao favorece ao que ensina porque o pon de frente a un corpus de coñecementos que, para poder transmitilo a outro, ten que manipular mentalmente, e nesa manipulación aprende a aprender. Son as habilidades metacognitivas. O alumno-tutor identifícase coa capacidade de sí mesmo para comprender a forma en que reflexiona e aprende, de xeito que, tendo comprendido este proceso pode aplicar ese coñecemento sobre sí mesmo co fin de obter mellores resulltados de aprendizaxe e axudar aos seu compañeiros de aula a que tamén os obteñan (1).
Así o valor do multigrao radica en recoñecer a diversidade, e por tanto favorecer a atención personalizada, e facilitar a metodoloxía participativa, éstas son as bases dunha escola activa, moderna, eficaz e con altos niveis de éxito académico. pero...por qué non se implementa o multigrao máis que nalguns centros rurais da etapa infantil?
Porque sempre foi así (ata onde alcanza a nosa fraca memoria, porque non, non sempre foi así)
Porque a nivel organizativo é máis fácil (o loxístico por riba do pedagóxico, outra vez)
Porque ninguén non aprendeu a traballar en multigrao. Non está no currículum do grao de mestrado
Porque non temos tempo para rear e pensar sobre a nosa acción docente e impulsar cambios profundos e significativos (sen implicación económica, ollo!!)
E se, cando entran a primaria tiveran 2 ou 3 anos de marxe para acadar os obxectivos, cada crianza podería avanzar a un ritmo orgánico que supuxera menos presión para todos. E digo UN ritmo pero quero dicir MOITOS ritmos, pois os nosos intereses, vocacións e competencia sondiferentes para as diferentes materias escolares, pois asi será tamén diferentes os nosos ritmos de aprendizaxe.
Eu imaxino unha aula onde convivan crianzas de , por caso, 6, 7 e 8 anos, onde cada ano algunhas novas intégranse nun grupo que xa está funcionando, así nos primeiros meses a mestra axuda ás novoas a adaptarse, cousa que non lles custa pois imitan ás maiores, tal como fan os irmáns entres sí. A medida que avanza o curso a mestra vaise centrando nas maiores que son as que que terán que mostrar que alcanzaron os obxectivos e así cambiar de nivel. Pero o proceso completo dura tres anos, suficiente como para poder respectar os ritmos individuais. Todas as persoas teñen 3 anos de marxe para acadar os obxectovos e achegarse a eles ao ritmo que lles marque unha amalgama composta polo nivel madurativo, os intereses e habilidades e a acción da mestra e o grupo, dun xeito orgánico e cooperativo.
Iso para as materias troncais ou digamos imprescindibles; matemáticas, lingua, coñecemento do medio, historia, un currículo mínimo para que as crianzas se desenvolvan no mundo real. E agora vou mís aló : durante algunhas na semana a mestura pode mesmo incluír crianzas doutros niveis, por exemplo para a aprendizaxe de materias "secundarias" se se me permite, como teatro, arte, música, deportes...aquelas nas que cada crianza se apuntaría según os intereses propios, organizando obradoiros de un 3 ou 4 meses de duración que facilitaría ás crianzas o contacto con diveresidade de disciplinas (as que adoitan acudir en tempo extraescolar) e descubrir así vocacións e practicar a socialización cruzada, que nos habilita para relacionarnos mellor e desatar posibles bloqueos interpersoais na aula propia.
En fin, propostas e anceios que quedan no aire, aquí torpemente expostas coa vocación de que algún día se materialien en medidas concretas. Non é dificil, nen caro, só se precisa parar, reflexionar sobre a realidade da escola e darlle unha volta á organización do Centro. Só se precisa un equipo directivo decidido e valente, disposto a traballar duro para executar e explicar o cambio. e un corpo de profesesorado que se comprometa a intentalo, ningún comezo foi fácil.
Pero de momento confórmome con que cando escoitemos a noticia de que un centro vese na obriga de xuntar 2 idades na mesma aula, saibamos diferencia o verdadero problema (1 profe menos) do que finalmente pode ser un avance: A aula multigrao
(1) Boix Tomas, R, e Abós olivares, P, La escuela rural como servicio básico en España, Morata.


Ningún comentario:
Publicar un comentario