O primeiro desafìo de este curso era que as crianzas viviran, ben o regreso ao cole, ben o inicio da sùa vida escolar con armonia e benestar, foron dìas de moito traballo de presencia, acababa esgotada de estar tan pendiente de que cada quen estivera a gusto e dar a cada quen a atenciòn que (eu sentìa) que precisaba, a atenciòn necesaria en cantidade, estilo e intensidade, sen renunciar , por suposto a establecer as bases dunha relaciòn autèntica (creo que esta vai ser o concepto estrela deste curos) entre nòs.
A miña actuaciòn nese proceso foi aparentemente moi discreta, dirìxìame ao neno/a en cuestiòn, so se sentìa que el non se violentaba, se non, daba paso atràs e deixaba que el/a fora achegandose paseniño do seu vagar...alguèn poderìa pensar que me desentendìa, todo o contrario, foron dìas agotadores, a presencia e a atenciòn estaban a tope. Xa vou aprendendo que às veces o mais adecuado , tamèn às veces o mais dificil, è non facer nada, sò observar e estar presente.
A Angel fòmolo buscar à casa, atravesamos a Carballeira pola levada ata chegar aos Pìos, alì agardabanos él e a sùa mamá cunha merenda para todos/as, vaia sorte!, merendamos, xogamos,saltamos na cama elàstica, e logo todos voltamos ao cole contentos.
Foron dìas agotadores pero profesionalmente moi satisfactorios, observar e ser parte dese proceso precioso da separaciòn coidada e amorosa dun neno/a dos seus adultos de referencia, de esa primeira experiencia de independencia dun ser è un privilexio que me conmove e congratulome de poder ser responsable disto, consciente de que sò unha Escola Unitaria ofrece as condiciòns necesarias para facelo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario