luns, 27 de abril de 2026

folga no ensino

Hoxe é día de folga pero o cole de Taboexa está funcionando
con normalidade. Porque a mestra non quere secundar a folga? Non, porque non pode. Nunca puiden secundar unha folga porque todos os centros escolares deben permanecer abertos con servicios mínimos repectando así o dereito do alumnado á escolarización. Soa ben. Máis qué pasa co dereito á folga ? Parece que prevalecen os dereitos das crianzas por riba dos dereitos dos traballadores. Outravolta soa ben.

Soaría todo a música celestial e representaría unha moi digna posición da patronal, a Xunta de Galicia, se non fora porque o discurso é interesado e hipócrita, pois non se defenden os dereitos do meu alumnado, por exemplo,

luns, 20 de abril de 2026

profe...é moi importante!

Eu estaba dentro e entrou o meniño correndo dende o patio. Eu teño un radar para saber se o que me veñen dicir é unha emerxencia ou non. Non o era...Profe, ven ao patio a ver unha cousa!, Non podo que estou ocupada, Ven profe, que é moi importante!, boeno, pois se é tan importante daquela irei entón...

E efectivamente era moi importante, e moi emocionante, era... que o xazmín florecera  e estábanos agasallando co testigo do prodixio anual

Feliz día do libro ou ....un conto cada día, por favor!

Estes son os contos preferidos do alumnado da EEI Taboexa, hai historias de bandidos o monstros que non son tan crueis como parecen, de animais pequenos que con moito tesón consiguen grandes fazañas, de sementes de medran ata convertírnse en rexos carballos a pesar de tantas e tantas adversidades... Hai historias alegres, divertidas, estrafalarias, inquietantes..., hai historias fabulosas e outras sinxelas como unha herbeira do prado, hai historias que nos poñen contentos e outras que nos deixan pensando...hai historias de todas as fasquías

As rutinas da escola 2/4

Falabamos do importante que eran as rutinas para as crianzas pequenas, pois nunha vida que non coñecen,  a repetición aporta seguridade e a seguridade é condición  para o desenvolvemento dos seus potenciais creativos intelectuais, emocionais etc.

Pero tamén era importante reducir ao mínimo as interrupcións, pois cando unha criatura está entregada á actividade libre o seu patrón innato de desenvolvemento está actuando e orientando a súa