aniversarios

O día do aniversario dunha crianza pode ter para ela unha significación profunda e moi potente pero tamén pode pasar inadvertido, lembrade que na nosa escola conviven peroas moi moi novas que todavía non interiorizaron completamente os valores da cultura á que pertencen, tempo ao tempo, non adiantemos etapas. Así que, deixemos que as crianzas vivan ese día coa maior naturalidade posible e, como tantas veces é acaído,  sigamos á criatura na celebración do seu aniversario.

Ésta é a filosofía da Escola de Taboexa: respectar a enerxía coa que a crianza vivencia o seu aniversario, de xeito que sí, sempre lembramos a efeméride (especialmente se coincide cun día lectivo) cunha actividade especial que pode ser cantar a canción, soprar as candeas, bailar as voltas arredor do sol, etc. Ese día a crianza en cuestión terá un trato especial, sempre acorde  as súas espectativas e peticións. A máis disto, se a familia quere involucrarse na celebración, pode traer un biscoito que compartiremos na hora da merenda, mandar fotos da evolución vital da crianza coas que faremos un traballo plástico, ou facer outra proposta persoal que a mestra considerará e conxuntamente poderase organizar algunha outra actividade , sempre que se faga coa suficiente antelación.


Ningún comentario:

Publicar un comentario