sábado, 9 de novembro de 2019
obradoiros
Dende o meu primeiro día de profesión valorei moi en alto a
implicación das familias na vida escolar. Se o cole chega a ser tan importante
na vida das crianzas (demasiado ao meu entender), as familias non se poden
desentender desa realidade. Especiamente na etapa da Educación Infantil, que
supón para aquelas, a primeira separación dos seus adultos de referencia, e o
inicio da construción dunha vida privada. Neste inicio, escola e familia han de
entenderse para facilitar o proceso de desconexión ao meniño/a . Desconexión e
conexión. Conexión con él propio, coa súa identidade, construida e identificada
agora en relación aos iguais.
martes, 29 de outubro de 2019
desafíos invisibles
domingo, 13 de outubro de 2019
reencontros

E nun mes todo mudou, o tempo atmosférico e a miña mente, que xa mira hacia o cole con ilusión e plans a estrenar, e repaso as fotos e resulta que
xoves, 27 de xuño de 2019
despedidas

o Tesouro da Moura

A Raposa Raquel Queizás, que, coma sempre, sabe conectar coas crianzas pondo nelas esa cara de pasmo e espectación cando escoitan as súas historias, deulles a axuda final para o encontro tan ansiado, Mouri, Poké e o tesouro metidos dentro da Cova. Os maiores poñen as botas, pois a cova ten auga no fondo e van recuperar os nosos amigos, topan o tesouro de lambetadas e xoias para todos e topan tamèn a mensaxe
as letras galegas
xoves, 18 de abril de 2019
o pan de millo do Quequé
Pero o día ansiado chegou e non defraudou. Botamos a andar monte arriba con determinación e ...que sorpresa ao ver a Mouri agardando por nós no cruce para axudarnos a cruzar a carretera!
Chegar a casa dos avós de Roi foi unha festa, que excitación! roi non cabía en sí, quería mostranolo todo! Creo que non menos contentos estaban Quequé e Tina, orgullosos de compartir cos amigos do neto unha pequena parte da súa vida. Cantamoslle a canción do Pan de Millo e eles nos convidaron a merendar mentres o pan se cocía no forno de pedra quecido con lume. Qué experiencia mais proveitosa para as crianzas! Qué sorte temos de que haxa Quequés e
Saudamos a chegada da Primavera

avelás en Casa Uma
martes, 12 de marzo de 2019
abusos sexuais na infancia

xoves, 28 de febreiro de 2019
portas abertas para o curso que vén

E despois doutra volta paseniño ao redor do Sol, a caròn dos piscos e as curuxas, medrando á par dos carballos e as margaridas, na Escola Pùblica de Taboexa abrimos novamente às portas para dar a coñecer o noso proxecto cara ao curso vindeiro para as crianzas de 3 a 6 anos: Acompañamento e guìa respectuosa no máxico camiño de crecemento persoal dos meniños e meniñas.
Ven coñecernos!
Estamos en As Neves, Pontevedra.
O prazo de inscriciòn abrangue do 1 ao 15 de Marzo, concerta unha cita no 618849998 e estaremos encantadas de recibirte e compartir.
momentos máxicos
Angel está practicando a suma coas regretas Cuisenaire (ollo, non se fala de sumas, sóestá facendo unha formación con pezas...) e Sara, que anda por alí, e, por certo, ten unha gran predisposición para aprender cousas de cole,
os Cabalos da Coutada

a curiosidade para aprender
A curiosidade é o primeiro paso, o entusiasmo por aprender e ser cada día mais competentes (ser maiores, din eles), a alegría do descubrimento, o feito de probar dun xeito e doutro ate topar a solución, ou sen solución algunha, probar dun xeito e doutro polo pracer de ver, de descubrir, de aprender de tirar conclusións e elaborar leis e teorías que en cinco minutos van ter que reaxustar pois unha experiencia nova desequilibra a seguridade anterior. Conceptos que me veñen á cabeza de ao chou. Recibir información do medio a traves de ollos e mans, sí, pero tamèn do resto do corpo, ese resto que os adultos temos xa esquecido, soa raro dicir que unha nena está a aprender a ler cando salta nunha colchoneta ou cando trepa a unha árbore, cando xoga coa auga ou cando salta
mércores, 13 de febreiro de 2019
un día normal
Encantanmos os días normais, é como se tiveramos a sensación pola mañán,de que bon que teño un tempo por diante para facer o que xa sei que me gusta!Despois de entrar e compartir no vestíbulo uns minutos coas mamás poñemos pantuflas e entramos na aula, para saudarnos formalmente, e comentar as novidades, facer pequenas reflexións, compartir intereses, dar recados ou planificar o día. No entorno das 10 imos á mesa grande a traballar un pouquiño, Angel e Abel deciden xogar unha partida de Oca (celebramos un campionato con semifinal e final), Iris e Uma se interesean por pintar nun folio mentres Amalia e Mikaela ordenan as bolas do Bingo (pronto botaremos a nosa primeira partidade Bingo en varios anos!!) Roi e Carla fan o quebracabezas das sombras, nen tan facil, nen tan difícil, un pequeño desafío diario que os impulsa a medrar.
A medida que rematan as crianzas van xogar aos recunchos,
hai moitas opcións, en cada recuncho hai material específico: xogo simbólico, construccions, ensartar, pintar, area, barro,
os obradoiros
Nada nos faltana nosa cotidianidade, somos felices no noso ritmo pausado e repetitivo de recunchos, contos, quebracabezas, construccións, xogos de sombras, a casiña de mouri, os colares, a area máxica, o barro, a pizarra, as pinturas, a oca o dominó, o bingo, a roda… multitude de posibilidades de espazos, material, tempo e compaña.
Pasan os
primeiros meses de curso e a rutina asentase, as crianzas fan seu o
espazo escolar e
as relacións son confiadas e seguras, e, asi como a Natureza comeza a espertar polo inicio de Febreiro o gurpo está preparado para as novidades, e as recibe con confianza e alegría.
as relacións son confiadas e seguras, e, asi como a Natureza comeza a espertar polo inicio de Febreiro o gurpo está preparado para as novidades, e as recibe con confianza e alegría.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)