
Como estamos no periodo de admisión, estes días achéganse ao cole persoas con meniños/as para que coñezan a escola e hoxe unha avoa, coa mellor das súas intencións díxolle á súa neta que lle dera un bico a unha meniña do cole, mais tarde, cando marchaban, a min. A nena non nos coñece de nada pero fixo o que se lle dixo sen dubidar e de bo gusto, pareceume. Fíxenlle ver ás boa señora que non debemos indicar ás nosas crianzas dar bicos a descoñecidos, nen sequera a coñecidos se non é a súa vontade. A educación e o cariño teñen moitas formas de expresarse.
Teño no cole un documento impreso (Asociación de mujeres para la saud. Madrid) para quen queira profundizar mais e aquí deixo uns enlaces que poden ser do voso interese:
Pautas para preparar aos fillos/as.
https://www.etapainfantil.com/claves-ensenarle-hijo-nadie-puede-tocar-cuerpo
Experimento (capítulo 1 de 4) moi bonito en Barcelona, paga a pena parar as clases para estas cousas!
sentir que si, sentir que no
Documental premiado emitido na 2
documentos TV
Ningún comentario:
Publicar un comentario