
Despedimonos Moura, agradecendo ás familias a confianza de deixar o mais prezado nas miñas mans, ás crianzas a alegría e o amor entregado a chorros, e a
ti, Moura, o alento e a inspiración constantes
para traer cada día novas aventuras ás
nosas vidas, aventuras que nos ciñen máxicamente á terra e á comunidade que nos
acollerá no noso paso polo mundo.
Penso que se acompañou o desenvolvemento emocional
físico e intelectual do grupo de crianzas baixo
os criterios de respecto e confianza que guían o proxecto, con todos os fallos
que un humano pode ter. Penso tamèn que a relación coas familias foi de
colaboración e respecto en xeral e agradezo o apoio ao proxecto. Non é menos
certo que algunhas familias non toparon no Centro o proxecto esperado, e que o
centro non topou nalgunhas familias o apoio necesario para facilitar a labor,
moi gratificante, claro que sí, pero dificil e cansada, de asistir á vivencia
escolar con criterios de excelencia. Isto acontece todos os anos, non todas
as persoas que conforman un
grupo vivencian a experiencia do mesmo xeito. Este ano resultou especialmente
cansado, diferentes formas de entender conceptos como o de respecto hacia as
crianzas, compromiso
e
liberdade dan lugar a desencontros que fan
mais dificil o camiño para todas.
Inda así o camiño segue e o camiñar tamén, con leccións
aprendidads para todos e resolucións para o que vai quedando por andar.
O vindeiro curso retomaremos a marabillosa labor con forzas
renovadas e,como cada ano, intentaremos , ser mellores profesoras e mellores
persoas, . As crianzas non merecen menos. Feliz Feliz verán a todas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario