Naceu Iria, que gran noticia!, queremos convidar á súa mamá, qué é a nosa viciña, a visitarnos para coñecer a bebé. Unha nena escribe unha carta convidándoas a visitarnos, outra fai con teas un xoguete para a meniña, outra un debuxo. A tía de Iria dinos o enderezo dende a súa fiestra; hai que cubrir o sobre e por unha estampita e agardar que veña a carteira para entregarlle tan especial misiva. Todo impregnado de ilusión e alegría. Grande é o interés que un bebé esperta en crianzas de 4 ou 5 anos...
Non todas as crianzas se implican neste
miniproxecto, tampouco é preciso, mañáxurdirá outro evento que suscite interés noutros nenos e daquela serán outros os que actúen. É que non somos todos iguais, nen queremos selo.Non precisamos libros que nos digan o que hai que facer,o noso entorno vital está cheo de motivos a través dos que desenvolver as competencias matemáticas, linguísticas, etc etc que indica ocurrículo, sen deixar atrás,como pasa tantas veces, as máis importantets, a comprensión de un mesmo, a relaicón cos demáis e o coidado do entorno, pois sen esas competencias menos académicas non seríamos persoas sás. Ignorar as chamadas do noso patrimonio natural e social é ignorar a nosa contorna, por tanto camiñar hacia a individualidade, a desconexión, a apatía e a desmotivación. Non, ese non é o noso cole, grazas, Iria por nacer, porque xa nos agasallaches con varios días de alegría, arelamos a túa visita.
 |
facemos un axóuxere |
 |
preparamos unha carta |
 |
e tamén unha libreta |
Ningún comentario:
Publicar un comentario