mércores, 29 de xaneiro de 2025

Portas abertas 2025/2026

A Escola Infantil de Taboexa (centro público dependente da Xunta de Galicia) comprácese en anunciar a xornada de Portas Abertas que se celerará o día xoves 20 de febreiro pola tarde. 

Teremos oportunidade, nunha conversa clamada e honesta,  de explicar o Proxecto Educativo, as metodoloxías empregadas e o noso día a día, así como de dar resposta, dentro das nosas posibilidades, ás vosas dúbidas e inquedanzas. 

Para confirmar asistencia e tratar de acordar a hora entre todas as persoas interesadas contactade ao 618849998 ou eei.taboexa@edu.xunta.es.

Neste vídeo podes coñecernos un pouco máis: vídeo do cole 

A 2 km da saída 287 da A 52   ubicación da escola


luns, 20 de xaneiro de 2025

Orgullo de Unitarias 1/3

A Escola da Rata, en Taboexa, que vén albergando crianzas da aldea dende os anos 50, convídavos a un encontro ao redor do feito das Escolas Unitarias que, con raices no pasado, son hoxe a vangarda da Educación Infantil ofrecendo unha escola cercana e integrada na comunidade.  

No mesmo contarase con distintos axentes educativos,  dende a Universidade de Santiago de Compostela ata as Escolas de Taboexa e Rubiós e o CRA Antía Cal (Gondomar), entre outras.

 Tamén se contará con representación da Comunidade de Montes de Taboexa e do Concello de As Neves.

 Sería moi grato contar coa participación da veciñanza e de todas as persoas interesadas no mundo da educación de

xoves, 9 de xaneiro de 2025

Aprendizaxe baseado na contorna, escola comunitaria...Orgullo de Unitarias

Non sabía que tiña nome a escola a que eu aspiraba: Unha
escola que traspasara os muros do edificio e se infiltrara no medio natural e social como punto de partida e de destino das aprendizaxes.

Aprendemos a través dos elementos da contorna para voltar a eles co ánimo de mellorar, de construir, sí, dende o noso terruño, un mundo mellor, ese é o noso cometido.

Especialmente a educación sostida con fondos públicos. A sociedade no seu conxunto, cada quen según a súa capacidade ofrece ás crianzas e mocidade según a necesidade, as ferramentas para ser quen de xestionar a súa vida eficazmente: o sostén económico, a realización persoal e, a modo de devolución do recibido, unha aportación á sociedade que faga desta un ecosistema tendente a que todas as persoas teñan as súas necesidades vitais cubertas e as desigualdades sexan

mércores, 8 de xaneiro de 2025

feliz 2025!

A noso xeito de felicitarnos o fin de ano en Taboexa consiste en, despois de adornar discretamente con algúns detalles ornamentais (a nai de xián nos axudou a facer coroas de Nadal),  preparar postais de Aninovo, pequenos e sinxelos traballos plásticos que chegarán ás casas dos compañeiros e compañeiras durante as vacacións levando unha mensaxe de agarimo e debuxando un sorriso nos agraciados/as. Amáis do alumnado da Escola, unhas 20 persoas recibirán as nosas postais: O equipo de bombeiros do helicóptero que visitamos en