No mesmo contarase con distintos axentes educativos, dende a Universidade de Santiago de Compostela ata as Escolas de Taboexa e Rubiós e o CRA Antía Cal (Gondomar), entre outras.
Tamén se contará con representación da Comunidade de Montes de Taboexa e do Concello de As Neves.
Sería moi grato contar coa participación da veciñanza e de todas as persoas interesadas no mundo da educación de
calidade.Será o sábado 15 de Febreiro ás 17.00 horas na Escola de Taboexa.
E tamén estamos a piques de celebrar a nosa xornada de portas abertas: será o xoves 20 de febreiro!
Para máis información contactar coa escola: eei.taboexa@edu.xunta.gal
Ningún comentario:
Publicar un comentario