escola que traspasara os muros do edificio e se infiltrara no medio natural e social como punto de partida e de destino das aprendizaxes.
Aprendemos a través dos elementos da contorna para voltar a
eles co ánimo de mellorar, de construir, sí, dende o noso terruño, un mundo
mellor, ese é o noso cometido.
Especialmente a educación sostida con fondos públicos. A sociedade no seu conxunto, cada quen según a súa capacidade ofrece ás crianzas e mocidade según a necesidade, as ferramentas para ser quen de xestionar a súa vida eficazmente: o sostén económico, a realización persoal e, a modo de devolución do recibido, unha aportación á sociedade que faga desta un ecosistema tendente a que todas as persoas teñan as súas necesidades vitais cubertas e as desigualdades sexan
mitigadas pola solidariedade entre o conxunto .Eses son os obxectivos últimos da educación según o Pacto
Internacional sobre Dereitos Económicos e Sociais da ONU (1976): ésta debe
estar encamiñada ao “pleno desenvolvemento da personalidade humana e do sentido
da súa dignidade, e debe fortalecer o respecto polos dereitos humanos e as
libertades fundamentais”, e axudar a todas as persoas para participar
efectivamente na sociedade (art 13 e 14).Non esquezamos entón para qué estamos
aquí.
Pois resulta que lendo cousiñas aquí e alá topo cunha
corrente educativa chamada Aprendizaxe baseada na contorna (Place-based
Education), da que David Sobel é un dos seus expoñentes. No seu libro : Aprendizaje
basado en el entorno. Cómo conectar las aulas con la comunidad.( FQ, 2022),
Sobel debulla as bondades de este tipo
de estratexia educativa, as características, exemplos en USA, a relación cos
resultados académicos, etc, nun
compendio delicioso de iniciativas escolares que acudían á contorna (ás veces
era a contorna a que chamaba ás súas portas) na procura de situacións que lle
servían para vehicular os contidos curriculares, unha vez feita a ensamblaxe
había unha devolución á comunidade para mellorar esas situacións. Todos gañaban
: a comunidade melloraba, e o alumnado,
alén de aprender con paixón (por tanto máis eficazmente) e recibir o merecido
recoñecemento (co seu efecto psicolóxico), ao ser parte da comunidade, beneiciábase tamén
da mellora. O que os anglofalantes
chaman un “win-win” (gañas ti e gaño eu).
Mais, non nos perdamos en siglas e títulos, A Placed
-based education lémbrame ao que Freire plantexaba, salvando as diferencias
(él falaba dunha sociedade empobrecida e marxinada no Brasil do principios de
século XX), na súa pedagoxía critica que a educación en cada país debe
convertirse nun proceso político, cada suxeito fai política dende onde se atope
e a aula non pode ser indiferente a este feito.
E moito mais preto lémbrame ao concepto de Escola Comunitaria
que me deu a coñecer David Neira, doutorando da USC, que nos visitou no
ano 2022 con intención de estudiarnos como exemplo de tal modelo para formar
parte do corpo da súa tese de doutoramento.
En resumo que xa todo está inventado, pero é moi positivo que
voltemos unha e outra vez, dende USA, Brasil ou calquera recanto do mundo a
chamar a atención sobre o noso cometido como educadores e á reflexións sobre o
impacto da escola nunha comunidade. Xente miuda en lugares miudos, facendo
cousas miudas, cambiando o mundo(1), cada quen dende o seu recanto colaborando
coa gran misión, se se nos permite a inmodestia.
David Neira voltará á Escola proximamente acompañado dos seus profesores Germán Vargas e Carmen Morán, profesores do departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago e integrantes do grupo de Investigación SEPA-Interea, para falarnos sobre Escolas Comunitarias. Unha gran honra que esperamos sexa do interés de toda a comunidade educativa. Será o sábado 15 de Febreiro ás 17.00 horas e proximamente teredes información sobre o programa do encontro: ORGULLO DE UNITARIAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario