
Xa o sol deu unha volta arredor de
nós dende aquela noite de susto bermello. Mesmo así nos nosos xogos o monte sege
a arder unha e outra vez, arden as casas e o cole, arde o planeta enteiro e no
mesmo minuto apagamos todo; os lumes mundiais quedan controlados, sofocados e
apagados con solo nós dicilo con palabras, que para iso aprendimos dos
brigadistas, da motobomba e do helicóptero de extinción.
E así xogando un día tras outro exorcizamos os monstros
bermellos, e cun bico agarimoso durmimos tranquilas porque non vai a
arder de novo, pero ao día seguinte xogamos de novo a
que o monte arde, por se acaso así xogando non volte nunca aquela espantosa realidade que hai un ano atrapou ás nosas familias nun agotamento desesperado, negro e rabioso.
que o monte arde, por se acaso así xogando non volte nunca aquela espantosa realidade que hai un ano atrapou ás nosas familias nun agotamento desesperado, negro e rabioso.
Xoguemos entón a amar o monte, a vivir con el e de el,
soñemos carballos e bidueiros, regos de auga a correr e gando a pastar,
crianzas a xogar e adultos a camiñar, soñemos ao maxestuoso Sanomedio verde e
azul mirando ao Norte e ao Sul, sereo e complacido porque todo está en orde,
porque o monte xa non arde máis.
15 de Outubro de 2018: os seres que hbitamos a Escola de Taboexa xogamos a que estamos na Praza do Concello de as Neves canda a veciñanza toda, lembrando o fatal día e berrando LUMES NUNCA MAIS!
15 de Outubro de 2018: os seres que hbitamos a Escola de Taboexa xogamos a que estamos na Praza do Concello de as Neves canda a veciñanza toda, lembrando o fatal día e berrando LUMES NUNCA MAIS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario