que roda mais grande temos este curso! |
Un gran emprendemento para un ser pequeno. A meniña que compartía todo ou case todo o seu tempo coa
familia nunha posición de protagonismo pasa a formar parte dun contexto social
onde os seus pais e familiares non participan de forma protagonista. O meniño
aceptar soltar a man da nai e quedar nun espazo novo con persoas descoñecidas,
comeza a construir a súa vída “independente” do papá e a mamá á construir
relacións en termos de
igualdade cos seus compañeiros e a aceptar a guía dunha
adulta ate o momento descoñecida pero que pasa automáticamente a ser a garante
do seu benestar todas as mañans.
excursión pendente do curso pasado |
Desfiemos entón este tempo e relexionemos con honestidade e
coidado. Anos despois veremos como as crianzas pasan dun curso a outro
cambiando de aula, de profe e ate de compañeiros e compañeiras, pero nunca
repetirá este momento de cambio total, dispoñamos entón todos os elementos que
estean ao noso alcance para que o viva con confianza e determinación.
aniversario de Amalia |
Anxo Moure e Servando Barreiro, dous grandes! |
É acaído tamén que a meniña en cuestión visite o cole e o
acepte como un espazo amable onde ela pasara o seu tempo, ela recibirá a mesma
impresión que os seus adultos, un espazo
de beleza, de xogo de descanso, de actividades que desafían as súas
inquedanzas, un espacio atractivo e inspirador.
Estes tres puntos de contacto que acabo de relatar deben ser
realizados no curso anterior por necesidades burocráticas (o proceso regular de
matrícula comeza en febreiro!) ou de organización familiar. Todo o tempo imos
ter que conciliar as necesidades das crianzas coas circunstancias das súas
familias, tratando sempre de buscar a opción sustentable para todos.
Pasados uns días recuperando as nosas dinámicas as crianzas
son informadas da próxima chegada das novas alumnas, van entendendo que é
importante que elas se sintan a gusto e en confianza, pois é dificil a
separación da nai, e que a profesora vai estar atenta a isto, de modo que eles
deben colaborar na misión tendo coidado neste sentido. É un esforzo que se lles
pide.
E así un día, na hora de patio chega unha ou dúas meniñas
novas coas súas mamás, que, despois de acompañarnos un rato (quizais toman un
café coa profe) despídense asegurando ás nenas que dentro dun rato voltarán por
elas. Se non é posible a separación ese día, marchan para casa coa
determinación de conseguilo ao día seguinte. En este punto son as mamás ou
papás mais que a profe, quen saben se é oportuno forzar a separación ou
intentalo de novo ao día seguinte, ahí é onde a mamá debe facer un esforzo por
determinar que estratexia é mais útil para a separación amable e o
empoderamento da crianza. Quedan xogando no patio cos compañeiros e, cando a
profe indica, todos entran no cole para practicar algunha rutina, probablemente
a roda. Non corresponde facer unha roda (asemblea) ao regresar do recreo senón
unha sesión de relaxación pero modificamos as rutinas (a profe e o alumnado
antiguo) en función das necesidades de adaptación das novas crianzas, é un esforzo
de todos. Despois da roda, según estea o grupo realizamos algunha outra
actividade (conto, recunchos, colchonetas) e ahí remata o día, poñemos a
mochila e os zapatos, despedímonos da profe e, tachán! As mamás xa están ahí
fora, comprobado! non pasa nada, as
mamás regresan polas crianzas!, outra fase superada. Durante os vinderiros
días outras meniñas iranse incorporando con este sistema.
Unha vez superada a separación e confirmado o regreso das
mamás imos aumentando gradualmente o tempo de permanencia no cole ,e dentro
deste imos experimentando as diferentes rutinas coas súas correspondentes
normas (recunchos, merenda, relaxación, asemblea, traballo na mesa…), así
despois dunhas semanas xa podemos recuperar o funcionamento normal do cole e a
sucesión de rutinas que lles dá seguridade e confianza.
De modo que chamamos periodo de adaptacións as primeiras
semanas de cole de cada ano, onde o alumnado antiguo ha de acomodarse ás case
esquecidas rutinas escolares e tamèn facilitar a incorporación do novo
alumnado; e a profesora moi presente, observando de cerca todos os procesos e deseñando
coa delicadeza e a pericia do ciruxán, tempos, espazos e modos de facer para
encamiñar a uns e outros hacia a vida en comun e as actividades que nutrirán os
días de curso que lles agardan.
Son días de moita esixencia psicolóxica para a profesora, é
un estar moi moi atenta a que cada persoa que se incorpora viva ese momento con
confianza, ao mesmo tempo que o resto do grupo a acolle con alegría e coa dose
xusta de entusiasmo. Un pequeño fallo (e sempre os hai) pode desencadear un
malestar contraproducente neste delicado momento.
É tamén apaixoante sentir como un meniño vai entregando a
confianza á profesora , e é ahí cando se asina
un acordo entre os dous, profe e crianza, eu quedo aquí conforme e contento porque sei que ti vas velar polo meu
benestar, facéndo cargo da miña vulnerabilidade e defendendo os meus dereitos e
necesidades coa firmeza a que a miña entrega te compromete. E este acordo
segue vixente durante toda a vida escolar, malia que mude a profesora!
E a adaptación continúa varias semanas despois de
regularizar tempos, o novo grupo ha de reconstruírse con todos os seres que o
conforman, a profe atenta, dispoñendo en todo momento as condicións idóneas
para que se dea o encaixe feliz.
E a partir de ahí é a profe a que sae gañando pois as
crianzas nos aprenden ese xeito máxico de ser eles, é é un privilexio beber del
a diario e rescatar a crianza que se agocha detrás do corpo adulto.
OUTROS APUNTES
fases do proceso de achegamento e
integración na escola:
antes de comezar a escolarización
• reunión
de adultos, primeiro contacto en horario non lectivo
• visita
da alumna ao centro en horario non lectivo
• visita
da alumna ao centro na hora de Patio
empeza a escolarización:
o novo alumnado incorpórase ao cole varios días despois do
antiguo e durante as 2 primeiras semanas só irán 4 días no canto de 5.
• entrada
ás 12,00, a mamá chega coa nena ao patio e despois dun rato marcha. TOPAN: Nenos
e nenas xogando no patio, individualmente e en grupos. A profe disponible para
recibir á nena.
• entrada
ás 10,15, a mamá chega coa nena ao vestíbulo, e, despois de que ella pendura
mochila e chaqueta no seu percheiro, a mamá marcha. TOPAN: O vestíbulo baleiro.
A profe e os nenos en actividade libre
nos diferentes recunchos da aula. A profe está dispoñible para recibir á nena.
• entrada
ás 9,00, a mamá chega coa nena ao
vestibulo e, despois de que ella pendura a mochila e chaqueta no percheiro,
marcha a mamá. TOPAN: o vestíbulo cheo de persoas: mamás (adultas case
descoñecidas) e nenas sacando as chaquetas. A profe non está disponible
exclusivamente para 1 persoa, ten que atender aos que a precisen.
Cada unha das fases ten a súa complicación, ás veces aceptan
soltar a man da nai e quedar sós no cole pero se lles fai moi longa a xornada,
outras veces un pequeño conflito pode revertir á boa disposición do neno para
vir ao cole ao día seguinte. A chegada ás 9 ten unha complicación especial,
pois despois de madrugar e verse forzada a almorzar a deshoras, a nena non topa
a mesma escena dos días anteriores, pódese sentir intimidada coa xente que hai
no vestíbulo e o barullo de nenos chegando. Calquera detalle pode desencadear
un malestar que a faga retroceder no proceso de integración no cole. Neste caso
tócalle aos adultos levar o control do proceso e actuar axeitadamente. Se cadra
compre ...
… marchar os dous para casa e
retroceder ao punto anterior (chegada 10,15),
… marchar os dous para casa e intentalo
outra vez ao día seguiinte anticipándolle axeitadamente o novo escenario (moita
xente no vestíbulo, crianzas e mamás)
… se cadra pode quedar o pai no
cole un rato
… forzar a separación confiando
en que o malestar é superficial. A profe farase cargo da situación e a
conducirá de modo que en cuestión de minutos a nena supere a dificultade e
comprobe que ella está a gusto nun sitio e grupo seguros.
De novo son as mamás as que mellor saben como tratar a uns
nenos que a profe aínda non coñece, ellas deben, pois, facer un esforzo de
discernimento sobre qué opción é a mellor para o empoderamento e a integración do seu fillo/a no cole.
·
Reunión individual coas novas familias para
compartir impresións sobre a adaptación, espectativas sobre o que cole e
familias poden agardar un do outro… outra vez dúbidas, informacións de interese…
Cambios que experimenta a crianza e
aprendizaxes a realizar
• ritmos de
sono e vixilia
·
Separación continuada da nai e pai
• ritmos de
comidas
• un novo
espacio
• novas
persoas
·
Construción da figuar da profe como referente de
seguridade
• maior
esixencia de autonomía e orde
• relacións
en termos de igualdade con moitos nenos/as
• resolución
de conflictos con iguais
• normas no
uso dos espazos e materiais
• normas na
hora da merenda
• organización
dos tempos, dos espazos e das actividades a cargo da profesora
Ningún comentario:
Publicar un comentario