mércores, 28 de xaneiro de 2026

feliz 2026

Na Escola de Taboexa despedimos o 2025 co noso
clásico intercambio de postais.

A Escola de Taboexa é unha escola laica e aconfesional e fuxe de convencións relixiosas ou consumistas. Máis non podemos quedar ao marxe da nosa cultura, así pois, o intercambio de postais é o noso xeito de celebrar o Solsticio de Inverno. Outra volta máis ao Sol.

Non é fácil comprender o paso do tempo para un ser que só sabe  (sorte que teñen) vivir no presente. Pero é función da escola axudarlle a comprenderse a sí mesmo e o mundo en que vive, por tanto tamén o paso do tempo e a forma de medilo, inda que só

sexa unha aproximación, pois inda falta moito para que comprendan os minutos, as horas as semanas, os meses....

Non obstante nós aquí na escola ofrecemos unha aproximación ao coñecemento, iso sí, nun formato lúdico e creativo que, xunto ao seu entusiasmo natural, fará que vinculen o Aninovo a unha experiencia pracentera que os vai integrando na cultura da que son parte, da nosa cultura, que, con todos os defectos que teña, é a que nos arroupa como colectivo.

Todo comeza coas manualidades, tear de papel, tampón de espuma, bolitas de plastilina, triángulos de cartón rodeados polo fío, estrelas autocolantes por aquí e por ala...de todo un pouco (purpurina non, pois somos conscientes de que son microplásticos que acabarán no bandullo do rapante que imos xantar e, non, non parece unha boa idea...) Os traballos plásticos quedan feitiños e iso é un orgullo para todas, pero o que se cadra non reparamos, é que detrás do traballo manual hai un traballo neuronal, unha coordinación ollo-man que está entrenando para vindeiros esforzos menos concretos e divertidos, máis non por iso menos importantes: as letras. Aquí todo é traballo, ata xogar é traballo, e o digo moi en serío. Xogar é o traballo das crianzas.

Pero ahí non acaba a cousa, temos que preparar os sobres e decidir a quén mandamos os parabéns, así lembramos ás nosas amizades como o equipo do Helicóptero de Queimadelos, o mago Marco, Raquel Queizás, a médica de As Neves, a Casa Uma, Geni do Teleclub, Ana a limpadora... (asi ata unha vintena deles, sorte que temos!) e  aprendemos a cultivar os lazos humanos . Tamén decidimos a qué compañeiro /a irá cada postal, xa definimos afinidades de xeito natural, non hai conflitos, e tamén creamos unha espectativa. Escribimos os nomes e reflexionamos sobre os enderezos, os barrios, os números das casas, as diferencias entre casa e piso, os concellos...

Este ano ademáis, a oficina de Correos de As Neves convidounos a visitala. cada quen levou o seu euro  para pagar o selo e seguir comprendendo cómo se organiza a nosa sociedade, tamén a conta de mandar a postal visitamos a Cooperativa de Requeixo  e degustamos o produto, seguimos coñecendo mundo e aprendendo a manexarnos nel.

Cantos e qué diversos aproveitamentos!

E días despois apareece no buzón a postal do compañeiro/a, que ilusión non?











Ningún comentario:

Publicar un comentario