xoves, 29 de xaneiro de 2026

O neno que non quería vir ao cole ou... dubido, logo existo

O neno só ten 3 anos, sempre estivo con papá e mamá, case sempre con eles e con ninguén máis. É a súa primeira experiencia escolar, é a súa primeira experiencia de separación do núcleo familiar. Comezou en Outubro cun plan de adaptación bastante flexible dada a súa circunstancia. O proceso seguíu o seu curso natural e para finais de trimestre parecía contento. Pero chegaron as vacacións, e sobre todo, chegou o bebé.

E o neno di que non quería vir ao cole.

E o pai dubida, a él non lle importaba, todo o contrario, que o neno quedara en casa; para él a escola é un recurso máis de socialización que de conciliación. É feliz co seu fillo na casa.

O neno dí que non quere vir ao cole porque quere estar con mamá TODO o tempo. Soa razoable, non?

O pai dubida, sente que o cole beneficia ao seu fillo pero non lle gusta pensar que está sufrindo, (é o pranto  sinal inequívoca de sufrimento profundo?) non sabe qué facer, pide consello á

mestra, que recomenda (ela tamén dubida pero é aprofesional a quen se lle pide asesoramento) aportar firmeza neste tempo de zozobra, acaba de ter unha irmá, é un tempo difícil para un meniño de 3 anos. Se a familia decide que o neno quede en casa e non veña ao cole está ben, é unha posibilidade moi válida, ten cole moitos anos por diante. Máis se a decisión da familia é a escolarización, son os adultos os que teñen que ser fortes, o neno non pode, é moi pequeno.

Decidíuse seguir co cole con horario reducido. Aquel día o neno non quería entrar pero entrou, pobriño, él estaba triste no colo da mestra e ela tiña unha sensación extraña, sentía que estaba “secuestrándoo”.

Despois dun rato, pouco a pouco o neno foise contentando, á hora da merenda xa estaba xogando cos demáis, dono de sí. Ao día seguinte o mesmo patrón. Foron 2 días. Hoxe, despois dunha semana o neno entra contento e parece contento e relaxado no cole. A mestra e os papás están contentos tamén, creo, saíu ben a nosa aposta. O neno colaborou. Quizás no fondo sí está elixindo vir ao cole. Hoxe díxome que estaba feliz. Sabe que estamos pendentes del e quere tranquilizarnos, quere transmitir a mensaxe de que superou a crise. Son intuitivos e axúdannos.

Nunca saberemos se foi o mellor, pero estas historias moven os nosos pensamentos e cuestionan a nosa mirada sobre a escola e a infancia, e sobre nós mesmas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario