
Miras a foto e pensas, ah,
comen avelás no almorzo, que simpáticos!, mais, detras desa primeira mirada hai
un mundo de significados que, paseniño abrindo paso a outros, si, mais
importantes e fachendosos, pero xa nunca coa alma grande destes pequenos
xestos, desta primeira infancia libre e máxica, alicerce da súa personalidade.
As avelás foron un agasallo de
amigos, veciños anónimos que son tocados
pola simpatía auténtica destas pequenas criaturas.
O abridor das avelás víu de
Portugal, non foi doado topar un artefacto para abritr avelás que
fora
manexable polas súas maciñas.

Amalia un día, outro día
Alberto ou Abel, ou Angel rematan o seu almorzo, e queren saír fora
pero a profe ten medo de deixalos ir soíños
ao patio, “ e se te mancas, quen te vai acudir, quen me vai vir avisar?”….”non
queres abrirme unha avelá, por favor?”. E queren, sempre queren, por unha banda
adoitan ter unha boa disposición hacia o servicio, por outra, ser quen de abrir
unha avelá situará ao meniño en cuestión nunha posición de competencia, ser
quen de abrir unha avelá supón un paso adiante na súa maduración e o saben.
Afrontan o desafío con determinación, a miña proposta autorízaos para iso, non
llo pediría se non soubera que poden ou que están cerca de poder. Asi aprenden
polos poros da pel a abordar as miñas propostas con ánimo positivo e
competente,
que para abrir unha avelá non
abonda ser forzuda,
hai que ter control
da forza, doutro xeito quedaría esmagada.

E abrindo avelás para uns e
outros van rematando un par deles mais, abondo para poder saír ao patio sen
min, máis o aproveitamento foi moito mais aló da súa razón superficial (facer
tempo), pois este meniño/a en cuestión (ou varios, as veces o feito de abrir
avelás para todas, entre bromas e risas pasa a ser mais entretido que o patio
mesmo) estivo medrando en autoestima, estivo practicando o control muscular da
man (preescritura), estivo practicando a acción servicio (solidariedade,
comprensión, amizade); e todo o grupo practicamos o comer avelás (nova
sensacións de textura e gustativa,
exercicio dos organos fonadores,
e hábito alimenticio positivo para todas), e practicamos regras de
cortesía (gracias, de nada, cara de empanada ja ja).
Iago xa ten 5 anos e xa sabe
partir noces, hacia él miran os demais.
O traballo que fan Roi e Nico
é comelas, pois ao principio non lles resultaban atractivas, pero, como
rexeitar un xesto amable do compañeiro/a?. Axiña serán quen de partir avelás
para outros, que fachenda!
Non hai unha ficha feita deste
traballo, pero si un paso adiante importante porque, como dicía o principiño, o
esencial e invisible para os ollos.
E marchamos ao patio a xogar,
contentas e satisfeitas
Ningún comentario:
Publicar un comentario