luns, 28 de setembro de 2026

a visita

Hai un conto que gosta moito ao meu alumnado e eu ás veces me pregunto qué entenderán eles, pois fala do silencio, penso que estas crianzas de silencio entenden máis ben pouco, pois elas sempre andan na algazara. Era o silencio que visitaba á raposiña que quedara soa na toba mentres a súa nai saíra e ben que lle advertira que non abrira a porta a ninguén, pero o silencio insistía en que él non era ninguen, el era nada, era o silencio...xa vedes, filosofía para miudos. (A visita. Nuria Figueras e AnnaFont, ed Kalandraka)

Pois desta vez o conto mudou e foi a Raposa quen nos visitou a nós. Nun xesto de xenerosidade que abofé apreciamos, Raquél Queizás achegouse o pasado martes ao noso cole e víu cargada con deliciosos froitos de Outono. Disfrutamos da merenda con todos os sentidos e disfrutamos da súa doce compañía. 

Agardamos vela outra vez en Xuño e que nos axude a topar o Tesouro da Moura agochado entre as súas historias cheas de astucia e sensibilidade. Vémnos axiña raposa, coidate moito e non papes moitas galiñas, alo menos non papes as de Taboexa, vai a Rubiós que están mais rechonchas.... 

querer o noso, coidar o noso

Esta é a cadeira onde, dende hai 12 anos, cada mediodía conto un conto ao meu alumnado, dende ela  convídoos a voar coa imaxinación a lombo dunha historia, como precisamente hoxe dicíamos, divertida ou terrorífica, romántica ou de aventuras, que os confronte coa vida de cada un e coa realidade. 

Seica este fin de semana andiveron por aquí uns malandros que se divertiron de lo lindo, se é que destruir é divertido:  quebraron a cadeira, torceron o ferro da pá e do rastrillo, esnaquizaron varios ladrillos  e deixaron todas as ferramentas regadas polo patio. Por se non fora abondo, deixaron no chan a lata baleira de refresco e a bolsa das chuches nun alarde de incivismo para vergoña dos seus adultos de referencia. Non sabemos quén son uns nen outros.

Qué mágoa e que raiba.

Mágoa por pensar que estas persoas non lles importou que estaban danando as instalacións e  o material das crianzas pequenas, eses

sábado, 12 de setembro de 2026

comezamos con bo pé!

Comezamos o curso cos resultados do informe PISA nas noticias:
coma sempre os derradeiros en case todo, especialmente en comprensión lectora. Oxalá ese fora o noso problema máis grave no eido educativo, oxalá non foramos tamén campións en  hastío e rexeitamento do alumnado hacia a escola e en consumo infanto-xuvenil de psicofármacos. Non fai falta que veña o informe PISA a dicirnos o mal que andamos, vémonolo ben. A análise das causas e deseño das solucións xa é máis complicado. Tampouco o eido educativo é unha excepción, na sanidade, na vida no rural, na saúde do planeta (quere dicir a nosa saúde)....etc, a situación non é moi optimista. Qué facemos?