xoves, 2 de xullo de 2026

a derradeira lección do curso

A derradeira semana de curso é especial, moi especial. Non programo nada, ningunha actividade extra, e mira que son amiga de andar de paseo, de recibir visitas e de ofrecer ao meu alumnado experiencias diversas...pois non, non na derradeira semana. Ao longo dos meus anos de experiencia fun descubrindo o valor do sinxelo e pequeno deses últimos días nos que se disfruta do bo sabor do traballo concluído e da emoción polas despedidas.

Tamén compre mencionar a gratitude porque todas as crianzas están ben e a pesar das numerosas saídas e de asumir ríscos físicos os accidentes foron todos superados. Unha sensación de pracidez que se suma ao anterior.

Total que é todo pracer, e, se inda por riba ven calor pois disfrutamos da auga que sempre imprime diversión ás nosas vidas, unha diversión fresca, alegre, non se pode explicar. (preguntade á IA porqué é tan divertido xogar coa auga, ela explícase mellor ca min).

Así ao longo da semana imos entregando as súas pertenzas e os traballos feitos ao longo do curso, tamén repartimos outros obxectos que non deben quedar no cole

Montescola 26

Despois de pasar todo o curso escoitando falar da Moura e os seus superpoderes, en Xuño dispómonos para "coñecela", pero antes debemos pasar certas probas como andar na procura de Mouri polo monte e montar o mapa que cacho a cacho imos topando para aumentar -inda máis-o entusiasmo.

Durante unha semana a actividade escolar trasládase integramente á area de monte comunal chamada por nós A Fonte da Moura (en verdade chámase a Fonte da Cabreira). Dende o novo centro de operacións, cada día, despois da roda e de saudar ao sol, saímos en busca de Mouri pero cada día voltamos á Fonte sen ela, máis non por iso desanimadas, pois

As rutinas da escola 4/4

Hoxe víu Anxo Moure a contarnos o conto...qué sorte!!
É a unha e pico e queda apenas unha hora para marchar, as crianzas veñen de estar xogando; a enerxía está alta, relaxámonos: Nun recuncho do patio pechamos os ollos paramos o corpo e a mente durante un minuto pouco máis, en silencio escoitando os sons do ambiente (as poucas veces que estamos dentro escoitamos o segundero do reloxo!). Ao rematar estamos relaxados y listos para escoitar/ver  o conto elixido polo encargado -concordado coa profe-; outras veces cantamos, ou

Rutinas da escola 3/4:

Seguimos debullando os momentos da xornada,
dividida en 3 bloques separados por as interrupcións da mestra, minimizadas ao número de 2, e estudiadas ao detalle para que se vivan do xeito máis natural posible. A idea é conciliar o respecto polo fluxo creativo individual e colectivo coas necesitades materiais ou organizativas da escola. Creo que está ben conseguido, ou, alo menos, está deseñado a conciencia, con moita reflexión e coidado.

Ao redor das 11 da mañá, despois de que estiveran