
É tedioso, cansado e desmoralizante ter que estar permanentente xustificando o
porqué dunha proposta educativa diferente da convencional. Os últimos avances
científicos (neurociencia) avalan a acción pedagóxica baseada no xogo, as
emocións e o movemento. Mesmo as indicacións oficiais (currículo de Infantil, 1)) o
fan. Máis a
práctica educativa na meirande parte dos centros segue a sentar ás crianzas diante de fichas
inútiles e desgastantes, estragando un tempo precioso
no que deberían estar entregadas ao xogo e o movemento. A
sociedade contáxiase desa idea equivocada de que canto antes, mellor,canto
antes lea, mellor. Non, cada cousa ao seu tempo e ao tempo de infantil
correspóndelle o xogo e o movemento, alo menos unha gran parte do seu tempo. É
cansado pero mesmo cansada seguirei a proclamalo. É non se me malinterprete
entendendo que a Escola de Taboexa é un caos onde cada quen fai o que quere en
todo momento sen ter en conta aos demáis, non. A Escola de Taboexa ten límites
claros e precisos que todos respectamos, así a nosa convivencia é harmoniosa e
ordenada.práctica educativa na meirande parte dos centros segue a sentar ás crianzas diante de fichas
A importancia do movemento no desenvolvemento integral das crianzas
de 0 a 6 anos.
Quen visite a Escola de Taboexa podera observar que o espazo e
os materiais están dispostos para favorecer a experiencia sensorio-motriz. A aula anexa e o patio dan boa conta disto
ofrecendo posibilidades de movemento e desafíos físicos nos límites da
normativa (compriría preguntarse qué é o
que quere a toda costa evitar a normativa, os accidentes ou a responsabilidade civil do sistema
perante eles?) Sen movemento non hai
desenvolvemento do cerebro, sen riscos non hai cálculo efectivo de
posibilidades de acción.
Un bebé presenta movemento continuo dende que nace, primerio
dunha forma reflexa (succión, prensión, marcha...2)), e pasando pouco a pouco a unha forma controlada,
obedecendo así ás ordes do cerebro, ao principio desordeadamente, e despois de
xeito preciso. Lévalle anos a unha
persoa ter un control sobre o movemento de todas as partes do seu corpo, se
cadra é o traballo que corresponde aos primeiros 6 anos de vida. O movemento
activa o cerebro e é
a ferramenta do ser humano recién nacido para guiar o seu propio
desenvolvemento.
E como na etapa infantil as experiencias corporais son
experiencias existenciais (mira o que sei facer!, dí un neno todo fachendoso),
o control do movemento, dá ao neno unha impresión de competencia que impulsa a
súa autoestima. O control físico, vai impulsar o autocontrol e todas as súas
facetas.
O movemento incontrolado ou o desequilibrio indícannos a
falta de control ou o desequilibrio interno. Se un neno non é quen de imitar un
movemento controlado (3) debemos facerlle propostas de movemento
de dificultade menor, así, dando un paso atrás o movemento mais sinxelo
implusará as conexións cerebrais necesarias para o movemento mais difícil.
Lembremos que escribir consiste, en parte, nun movemento extremadamente controlado, coordinado e sutil, do
pulso, a man e os dedos.
Tamara Chuvarovsky afirma que para que o cerebro poida
atender a outras operacións mentais no exercicio da escritura (decisións sobre
qué letra escribir sucesivamente), o movemento da man (pulso e dedos) ten que
estar integrado, automatizado. Isto será posible cando se dea unha determinada
maduración do cerebro e o corpo (4), e esta madureza é
impulsada polo movemento en sí.
Ao moverse, unha
crianza activa o seu cerebro ao mesmo tempo que
ofrece valiosa información sobre o seu estado de madurez e preparación
para a aprendizaxe.
Os xogos de dedos axudan a un neno que está fora de sí,
descontrolado, a controlarse,e axudan ao que está demasiado en sí,a sair e
mirar cara o exterior.
Unha vez o movemento está integrado (non require o 100% da
atención) a crianza pode atender a outros estímulos. O desenvolvemento da
linguaxe vai entón, a expensas do desenvolvemento da habilidade de control
corporal (incluímos lateralización e equilibrio), e o desenvolvemento do
pensamento vai paralelo ao da linguaxe. Así
se activa a infrestrutura cerebral que capacita a unha crianza a aprender. A ler e a
escribir, a sumar… o que sexa.
Os xogos de dedos involucran movemento e linguaxe. Falarei da linguaxe na
seguinte publicación.
Falarei tamén sobre os hitos de madurez ou os indicios de
que un nenos está madura para a lectoescrita.
E finalmente, farei unha publicación sobre os xogos de
dedos, serán 4 en total, espero que sexan útiles.
..................................
(1) Currículo de infantil: tédelo no enlace á marxe dereita do blog :Lexislacion infantil en Galicia
http://www.waece.org/contenido/lexislacion_da_educacion_infantil_en_galicia.pdf
(2) movementos reflexos e problemas de aprendizaxe, de Tamara Chuvarovsky
(2) movementos reflexos e problemas de aprendizaxe, de Tamara Chuvarovsky
(2) Xogos de dedos
Ningún comentario:
Publicar un comentario