
A Montescola de Taboexa reúne unha manchea de crianzas no que chamamos Fonte da Moura (da Cabreira), un espazo do Monte Comunal, acondicionado pola colaboración entre Escola, Concello e Comunidade de Montes dende hai uns anos, cando a Moura deixou alí a primeira mensaxe, o primeiro agasallo, o primeiro engado
para as meniñas, para impulsar a emoción da maxia e o xogo, o coñecemento da contorna e a súa valoración. Durante anos subimos á Fonte na procura de Mouri, nos nosos enredos coa Moura, ou simplesmente para desfrutar do espazo, Gostaban as crianzas e a mestra moito do monte porque, como din as expertas, o monte ofrece a estimulación exacta adaptada a cada persoa e cada estado de ánimo, na natureza podes descansar, correr e brincar, ler, observar un bicho, rubir unha árbore, a natureza acóllenos a todos en amorosa aperta, agasállanos súde e benestar, condicións para un cerebro san e motivaado a aprender.
Nunca imaxinamos que a Fonte da Moura sería o que nos salvaría do absurdo do alongamento do confunamento da escola, nunca pensamos que estabamos a preparar unha experiencia tan marabillosa, Mouri fuxíu (outravolta, sempre o fai, pero esta vez con maior motivo, pois ten medo ao coronavirus, ela non acepta ser unha moneca, pénsase nena humana) e andamos á súa procura; cada dia unha excursión, cada día unha aventura, hoxe o coto Morgallón, e mañán os muíños da Cabreira, os petróglifos da Coutada ou o Coto da Escola Vella. Cada día unha pista que nos achega ao final, que se fai de rogar, a Raposa tamén nos axudará a topar a Mouri, e con ela o tesouro da súa Nai, a Moura, a gardiá do Monte, cunha Xoia especial para os meniños que deixan atrás Taboexa como se deixa unha etapa na vida.
Unha manta, unha maleta con contos e rotuladores, o corno de chamar á Moura e tazas para beber, non precisamos máis para que o espíritu infantil floreza e se alivie do encerro soportado nos últimos meses, que linda compensación polo sufrimento aturado!
Pero unha sombra sempre planea enriba de tanto gozo. A posibilidade dun contaxio, a responsablidade do posicionamento, a elección entre o risco da vida e a seguridade do encerro, quén tomará decisións sobre a vida das nosas crianzas? Cando lles deixaremos voltar á súa natureza alegre e expansiva? O que non decide non falla!, a dificultade estriba en tomar decisións e exporse ás consecuencias.
Quén acerta? o que da o paso adiante ou o que queda quieto? Non o saberemos, só nos queda, despois de tomar unha decisión, aceptala e aceptarnos, respectar as dos outros e comprender que, como a Natureza, e como parte dela, a comunidade humana está conformada por diferentes formas de pensar, de entender e de actuar , todas necesarias e útiles ao propósito global de facer día a día unha sociedade mellor.
el aire libre,aliado para la vuelta al cole
Ningún comentario:
Publicar un comentario