É certo que é un pouco pronto para saír de excursión en bus, que hai nenos de moi recente incorporación pero...qué lle imos facer, o Helicóptero marcha e non regresa ate Xullo, por tanto, quen dixo medo? Alá imos!!
E como unha vez que saímos de excursión (en bus, inda por riba!), quen ten presa por voltar?, pois alá que fomos visitar o Castro de Troña, e qué comprensión teñen estes pequeños do que o Castro significa que andaban na procura dun Tesouro, que ledicia velos corricando os restos das vivendas, enfeitizados por mision tan inzada de promesas.
Gracias ao persoal da Base de Helicópteros de Queimadelos, e, como non, e coma sempre, gracias ás nais e pais que me acompañan e sen os que non serían posibles estas saídas que quedarán na memoria das crianzas por moitos anos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario