construir cousas.
luns, 2 de marzo de 2026
As Rutinas da Escola 1/4
construir cousas.
luns, 9 de febreiro de 2026
o multigrao en toda a etapa obligatoria
xuntar 2 aulas, revólvome¨; non hai cousa que peor ature que a confusión interesada e a falta de claridade, pois con esas protestas deslizan implícitamente a mensaxe de que o multigrao é perxudicial, é un atraso propio das escolas rurais, as sempre perxudicadas... Qué ignorancia, nada máis lonxe da relidade.
Imos por partes. A protesta é lexítima en tanto en canto a ese cole lle suprimiron un docente. Onde antes había 10 crianzas por docente agora hai 20. Ahí está o problema, O centro aproveita a forza das familias para presionar á Consellería pero non informa convintemente de que en realidade o problema non é mesturar, o problema é que temos un docente menos no centro, e efectivamente é un problema, os recortes nas plantillas dos centros son voraces e precarizan
mércores, 4 de febreiro de 2026
Portas Abertas na EEI Taboexa (Xunta de Galicia)
tempo, literal. Pero desta vez convidámos expresamente ás familias que están pensando en escolarizar as crianzas o vindeiro curso. Ou a quen queira coñecernos. Ofrecemos unha atmósfera amable e respectuosa coa infancia, un proxecto educativo comprometido socialmente e defensor do disfrute e coidado do medio natural, e unha proposta educativa baseada no coidado mutuo.
Nela conviven unha manchea de ciranzas de 3, 4 e 5 anos, medrando xuntas en ambiente colaborativo, aprendendo a coñecerse e a coñecer o mundo. e a ser parte del.
Venres 20 de Febreiro na Escola, previa inscrición por teléfono. Ese día as adultas teremos un tempo de calma e tención para falar do proxecto e coñecer a escola, se é de voso agrado, as crianzas virán posteriormente.
Vinde coñecernos!
martes, 3 de febreiro de 2026
leccion de física ou...silencio, se juega!
A medio metro dél outro monta unha torre con pezas de madeira, o máis alta posible, claro, experimentndo o equilibrio/desequilibrio, coordinando desta vez os criterios de verticalidade, volume e peso. Dentro duns anos algun profe falaralle da fundamento físico do equilibrio dun obxecto según se a perpendicular do seu centro de gravidade pase ou non pola base de sustentación, e él non lembrará nada pero seguro seguro que unha das 100.000 millóns de neuronas vaise acender impulsada pola lembranza do
xoves, 29 de xaneiro de 2026
O neno que non quería vir ao cole ou... dubido, logo existo
E o neno di que non quería vir ao cole.
E o pai dubida, a él non lle importaba, todo o contrario, que
o neno quedara en casa; para él a escola é un recurso máis de socialización que
de conciliación. É feliz co seu fillo na casa.
O neno dí que non quere vir ao cole porque quere estar con
mamá TODO o tempo. Soa razoable, non?
O pai dubida, sente que o cole beneficia ao seu fillo pero non lle gusta pensar que está sufrindo, (é o pranto sinal inequívoca de sufrimento profundo?) non sabe qué facer, pide consello á
mércores, 28 de xaneiro de 2026
feliz 2026
clásico intercambio de postais.
Non é fácil comprender o paso do tempo para un ser que só sabe (sorte que teñen) vivir no presente. Pero é función da escola axudarlle a comprenderse a sí mesmo e o mundo en que vive, por tanto tamén o paso do tempo e a forma de medilo, inda que só




