E efectivamente era moi importante, e moi emocionante, era... que o xazmín florecera e estábanos agasallando co testigo do prodixio anual
da primavera. A escea foi conmovedora porque o meu cerebro conectou co paseo case diario que dende febreiro (Imbolc, 2 de febreiro, a primavera nace debaixo da terra) facemos polo patio adiante pasando revista das novidades, dos pequenos miragres ao final de cada pola, onde, inda no inverno, agroman deliciosos botonciños prometendo froitos e flores. O cerebro rápido coma un raio conectou tamén co tono que uso, coa admiración coa qu e lles falo, transmitindo así o asombro e a reverencia polos ciclos naturais das prantas, exultantes na primavera. Outra vez a Natureza é a profesora.E ese tono de admiración do meniño, de ser testigo dun feito trascendente conmoveume profundamente. Quero crer que fun quen de transmitirlle a devoción pola Natureza (non hai que facer moito, xa que de xeito natural as crianzas teñen moita empatía con prantas e animais, sobre todos cos animais), anque penso que de algún xeito el tamén quixo compracerme e mostrar o descubrimento porque sabía que me ía sorprender e alegrar, bueno, non sei, vou deixar de lado a análise psicolóxica e contar simplesmente a anécdota do feito considerado importante polo meniño de 3 anos...qué sabiduría!, qué lección!
E cando me preguntan....ti traballas por proxectos? si claro, os proxectos véñenme dados e na altura de marzo/abril (xusto cando canta o cuco segúndo Manuel María) a cerdeira estrala en millóns de flores que se convertirán en deliciosas cereixas para os merlos e para nós Non hai pois, cousa que poida ser máis interesante que as vivencias arredor da primavera e as súas cuitas, observar o interior dunha flor, sementar hortalizas, apañar a terra do composteiro para nutrir o noso xardín e sobre todo sobre todo, estudiar e admirar a vida que se manifesta algareira por todos os recantos arredor de nós e que nos fai crer e sentir que somos parte dela









Ningún comentario:
Publicar un comentario