Os contos axudan a dispoñer o cerebro para a lectoescrita pois aumentan o vocabulario das crianzas e lles axudan a comprender a linealidade do tempo. Os contos estimulan a sensibilidade hacia a beleza a bondade a xustiza e os valores. Os contos nos preparan para a vida pois nos presentan conflitos e cómo se resolven con determinación e esforzo. En definitiva, os contos axudan ás crianzas a comprenderse a sí mesmos aos demáis, e o mundo onde vivimos.
Son contos escollidos por mín según as referencias dos profesionais nos que confío, que cumplan requisitos de calidade literaria ao mesmo tempo que ofrecen modelos dos valores que queremos promover: a paz, a igualdade, o respecto pola natureza...Beneficios a nivel cognitivo, afectivo e social, ademáis de fonte de pracer e entretemento, os contos (tamén as poesías, ladaíñas, adiviñas, cancións etc) son un mometo crucial na nosa escola e por iso todos os días temos un tempo designado para esta experiencia: voar xuntos coa imaxinación.
Este 23 de abril celebramos alegremente que existan estes compañeiriños que nos fan a vida máis bonita cunha actividade especial: Lorena nos convidou a coñecer a biblioteca do CIPC de Taboexa, e Geni, a responsable da cantina vainos convidar a un biscoito. En agradecemento levaremos a nosa cesta de contos e marcapáxinas como agasallo para a comunidade de Taboexa que é a nosa.
Feliz día do libro!



Ningún comentario:
Publicar un comentario