luns, 20 de abril de 2026

As rutinas da escola 2/4

Falabamos do importante que eran as rutinas para as crianzas pequenas, pois nunha vida nova que non coñecen a repetición aporta seguridade e a seguridade é condición  para o desenvolvemento dos seus potenciais creativos intelectuais, emocionais etc.

Pero tamén era importante reducir aomínimo as interrupcións, pois cando unha criatura está entregada á actividade libre o seu patrón innato de desenvolvemento está actuando e orientando a súa

vontade polos camiños máis eficientes, non hai profesor que se lle compare. 

Despois de moitos anos de observaicón, reflexión e análise, na EEI TAboexa, só hai 2 interrupcións na xornada escolar, a interrupción de media mañá para tomar a parva (sí señores, chámase parva no galego oficial, qué podo facer?), pois entendo que paga a pena xuntarnos a tomar os nosos alimentos, e na hora de marchar, para unha actividade final que nos volve a xuntar a todos: o conto.

Neste texto debuxarei o primeiro bloque de actividades: A Roda, o Traballo e Os Recunchos

Chamamos A Roda á asemblea que facemos a primeira hora da mañá, máis non podo falar dela sen mencionar a rutina anterior que no por simple debería pasar inadvertida: As Rutinas de entrada: As crianzas chegan ao cole onde topan a porta aberta e a profe en calquera punto da aula (probablemente no ordenador xestionando a sobrecarga burocrática), saúda o adulto acompañante e saúda a crianza (o saúdo é un punto conflitivo para algunhas crianzas, decatádevos, non levamos nen minutos no cole e xa estamos traballando, superando atrancos), saca a chaquta e a pendura no seu sitio, o mesmo que a mochila, e pon aspantuflas, despois duns minutos o adulto marcha, e a s crianzas así van entrando na aula.

O encargado/a coloca os coxíns para os compañeiros/as e ás 9.15, cando xa están todos e todas manda sentarse e comeza a pasar lista, ás veces a mestra inda non se sentou na roda pero eles xa sabes o que teñen que facer. Despois damos un repaso ao que imos facer ao longo do día e queda rexistrado con tarxetas, asi dete xeito coñecen o que vai acontecer e saben que ao final despois do conto, papa vira a buscalos (isto é especiamente crucial para os máis pequenos).

Mentres o encargado/a fai o seu traballo (tamén marca o día no calendario, ode que haxa unha data sinalada cerca: aniversarios, primavera, día do libro...) a profe inicia a roda que non é outra cousa máis que o saúdo encadeado de uns para outros sentados no círculo, que propicia ou convida á intervención de todos e todas (os que o desexen, que son prácticamente todos).

A roda é un momento marabilloso onde compartimos a nosa vida, escoitamos aos demáis, comprendemos a nosa vida ao escoitar a de outros, aprendemos a expresarnos con correción para ser comprendidos, a roda é o momento da linguaxe oral (obxectivo de traballo principal na Etapa Infantil) e a comprensión do mundo. A Roda nos cohesiona como grupo, é recibimento e trampolín para abordar a xornada que comeza. A Roda é esencial para mín, qué mágoa que en Primaria a abandonan abruptamente e non designan un espazo-tempo para este cometido.

Cando acaba a roda, antes das 10.00 o grupo divídese en dous subgrupos: os que van traballar e os que van directamente xogar. qué determina que unha crianza traballe ou non?, pois como todas as cousas, un compendio de variables: a idade, a competencia, a madurez, e tamén a vontade da crianza e o seu ansia por abordar actividades máis de corte  "escolar" ou académico ou taménen algúns casos, a inclinación por facer actividades dirixidas. Os ue non se salvan son os maiores, os que están no último ano de infantil. Xeralmente a súa pulsión por aprender fai que esta transición entre "ser do grupo dos que van xogar directamente" e "ser do grupo que traballa" se faga con fluidez. As crianzas queren ser competentes e aprender.

Así que comeza outro tramo pero sen cortes, a asemblea rematou, non houbo interrupcións, o grupo dos que traballan se entregan a algunha actividade dirixida proposta pola profe, relacionada co que se falou na asemblea, con algún acontecemento importante ou con algún proxento no que estemos enfrascados nesemomento. Son actividades que inclúen contidos máis académicos como achegamento á lectoescrita, nocións matemáticoas, espacio-temporais, viso-espaciais, etc. Pero sobre todo este momento consiste en familiarizarse cunha rutina de traballo: atender ás indicacións da profesora, dispoñerse a executalas, recopilar o material e utensilios necesarios, dispoñer o corpo na cadeira e na mesa de xeito apropiado, atender ao agarre do instrumento,  enfocar a atención na tarefa pedindo axuda cando é preciso, manter a atención ata o remate e finalmente recoller. Esta secuencia de accións e tanto ou mías importante que a letra ou o número que aprendeu ese día, falamos de propiciar a autonomía do alumando, de aprender a aprender.

Antes das 10.20 xa todos deberían estar xogando nos recunchos xunto áos compañeiros/as pequenos/as. Cada quen elixen un espazo onde xogar e aquí comeza o importante: o xogo libre con compañeiros/as, non debemos subestimar a trascendencia das aprendizaxes que están acontecendo baixo estas condicións, son a base de todo o desenvolvemento persoal da crianza a nivel afectivo intelectual e motor. Agora aprende a planificar a súa acción, a por en práctica as súas ideas e alimenta a acreatividade e, moi importante, a coordinar o seu punto do vista co dos compañeiros/as, nos recunchos constrúen pintan, xogan ás familias,a gattos, ás sombras, miran/len contos, crebacabezas, modelan con barro ou plasti, infinidade de posibilidades polas qu van pasando ao longo da semana nesta hora da mañá.

Algo máis aló das 11 entón sí, chega a interrupción, e ben que protestan ás veces, anuncio que lles quedan 5 minutos para xogar, así, teñen oportunidade de concluir a súa actividade sen que sexa dunxeito abrupto. Chega entón o momento de recollar (outra aprendizaxe) lavar as mans e tomar a parva.

Ata aquí o primeiro bloque de actividade nun día convencional. En realidade, són moi poucos días no curso en que este bloque é alterado, non así os subseguintes, pois a escola de Taboexa fai moitas saídas.

Parece monótono? Creo que non o é. A estuutura repítese pero o contido varía cada día, acadando así o equilibrio acaído entre novidade e rutina. Algunhas crianzas do primeiro ano entran ás 10.00 ao cole, de xeito que chegan na hora dos recunchos e xa se incorporan ao xogo. Parece demasiado superficial? non o creo, nas rutinas de entrada e no xogo nos recunchos hai comprometidas moitas, moitas aprendizaxes profundas para unha crianza recien escolarizada, e un gran esforzo por adaptarse a unha nova vida.











Ningún comentario:

Publicar un comentario