sábado, 12 de setembro de 2026

comezamos con bo pé!

Comezamos o curso cos resultados do informe PISA nas noticias:
coma sempre os derradeiros en case todo, especialmente en comprensión lectora. Oxalá ese fora o noso problema máis grave no eido educativo, oxalá non foramos tamén campións en  hastío e rexeitamento do alumnado hacia a escola e en consumo infanto-xuvenil de psicofármacos. Non fai falta que veña o informe PISA a dicirnos o mal que andamos, vémonolo ben. A análise das causas e deseño das solucións xa é máis complicado. Tampouco o eido educativo é unha excepción, na sanidade, na vida no rural, na saúde do planeta (quere dicir a nosa saúde)....etc, a situación non é moi optimista. Qué facemos?

Pois mentres decidimos, o cole aquí neste recuncho precioso de Taboexa xa comezou, hai tres días, o mércores, o antiguo alumnado, as súas familias e eu reencontrámonos. Habitamos novamente o amoroso espazo dentro e fora. Despacio. Encaixando os baleiros que deixan os que marcharon para primaria e anticipando a acollida das crianzas pequenas que comezarán nos vindeiros días.

A enerxía do proxecto agromou axiña....era polo mediodía, eles (só 4, pois temos unha meniña doente e un meniño de viaxe) estaban no patio e viñeron alporizados onda min: profe profe! unha serpe!, e sí, alí estaba a pobriña no areeiro, enroscada sobre sí mesma seguramente morta de medo. A calma do verán sen crianzas convidouna a ocupar o territorio escolar. As crianzas triangulan, combinan a sensación de ver a serpe coa reacción que ven en mín, e, a partir de ahí, entrando en xogo mil valores máis, a balanza se inclina hacia o entusiasmo ou hacia o medo. Seino ben. Manéxome a diario con esta operación, cando un neno/a se manca, a súa percepción da gravidade da lesión estará directamente relacionada coa nosa reacción externa....e mil situaciónsmáis. Pero nen coñecía ben o animal....nen son allea ao efecto que causan as serpes nos humanos (moito que analizar aquí). Bueno, total que despois de varias chamadas a organismos (Seprona, centro de recuperación de Fauna silvestre, Base de Incendios de Ponteareas...) e amizades, fotos por wasap mediante, acordouse soltar a serpe no monte e non matala, parecía bastante claro que non era víbora. E fomos entón coa serpe metida no tupper ao monte aledaño e alí a soltamos.  Chao serpe, que che vai aben, non vaias hacia a carretera, ven visitarnos cando queiras (Valeria), non non veñas (eu), sí, ven, non, non veñas, sí ven, non, non veñas, si, non, si, non....

Total que o mesmo primeiro día de cole agasallounos cunha experiencia rica. Rica porque nos achegou vivencialmente ao medio natural que queremos coñecer, porque nos puxo un desafío diante que tivemos que superar, e por tanto medrar e rica porque me ofrece un vehículo valiosísimo de contidos curriculares que eu podo aproveitar: a forma espiral, xeometría, a letra S, lectoescrita, reptar, psicomotricidade, ciencias, inglés, o que queira. A nosa amiga serpe, que resultou ser unha cobra lagarteira inofensiva, agás para os lagartos, claro, e punto de partida de infinidade de obxectivos curriculares, pero co valor extra de ter carga motivacional positiva. Non estaba programado, máis sei con certeza que ésta é a mellor lección hoxe. 

Contenta e entusismada pensei traballar ao día seguinte, xoves,  a letra S e recortar serpes en cartolina, etc etc, pero ao día seguinte fomos visitar Melisa (ela empezo con nós este curso e se incorporará nos vindeiros días), e alí fomos camiñando á súa casa (lección: cruzar a carretera) e alí xogamos un pouco e convidámola a vir ao cole, á súa vez ela convidounos a ir un día a barñarnos na súa piscina con tobogán...

O venres decidimos saír ao monte na procura de Mouri porque, como todos os inicios de curso, non está no cole e alí estaba, coma sempre no Coto Morgallón, oteando o horizonte, facéndonos corricar e divertiíndose con nós. Porque o camiño hacia alí estivo cheíño de anécdotas tamén: a musaraña aplastada polo coche, os montóns de formigas á beira do asfaltao e o cempés camñando coas súas 100 patas pola pista que sube a Sanomedio. Por se non chegara de aventuras ese día celebramos o Rosh Hashaná, o inicio de ano hebreo, entón alá arriba pedindo desexos (unha bnena pedíu que non ardera o monte, ahí é nada!!) saboreamos coa man a jalá agulá as mazás e o mel. Mirando a paisaxe, ese mirar ao lonxe que alimenta o corazón. E sí, Mouri aceptou vir con nós ao cole e así damos por comezado oficialmente o curso.

Se non estabamos centrados aínda na dinámica escolar, pois o calor do verán inda nos acompaña, estes  tres días, cargadiños como viñeron, orientaron o noso foco mental amorosamente e agora sí, xa podemos arrancar, agardamos que veñan axiña as dúas crianzas antiguas que inda non se incorporaron e tamén nos vindeiros días chegarán as crianzas pequenas, as novas, e así, nunhas poucas semanas o grupo reconfigurarase para gradualmente facerse dono da actividade escolar rematando o curso coa algareira enerxía propia do fun de curso.

Comezamos pois con determinación un novo ciclo, respondendo á unha intención clara dende a Escola, pero abertos tamén ao que a noso contexto real nos vai ofrecendo, así combinando programa con espontaneidade esforzareime en aportar o necesario para o desenvolvemento óptimo e integral das crianzas de Taboexa en colaboración coas súas familias.

informe pisa a voz de Galicia

Ningún comentario:

Publicar un comentario