Dende o primeiro minuto o entusiasmo desbordaba, non había nada
aparantemente interesante, montes sen desbrozar, maiorìa de eucaliptos, pero ao
mesmo tempo todo nos resultaba emocionante, cocas de eucalipto, pequenos cogomelos,
regatos de auga, topamos una fonte, subimos a un montòn de eucaliptos talados
(let them taking risks, lembraba eu…), deixamos as cazadoras agachadas entre as
xestas, chapoteamos na auga que corrìa pista abaixo… topabàmos camiños a un
lado e a outro, querìamos ir alì e alà…non había nada especialmente interesante
pero o entusiàsmo era patente, fomos felices ese rato, todos e todas, e a miña intuición
de mestra dicìame que se estaba a facer un bò traballo no seu interior, que
estaban descubrindo e construìndo habilidades e coñecementos importantes, tanto
ou mais , cando menos, que os que se dan dentro da aula, pero coa vantaxe de
que no monte a convivencia è mais armoniosa, o monte e a natureza acollen con
agrado o modo de ser dos pequechos, alì poden correr, saltar e berrar sen
molestar, poden, con poucas restriccioòns que eles aceptan, tocar todo,
experimentar con todo o que topan, a `sua imaxinaciòn e cretaividdade flùen, alì traballan a autoconfianza, a iniciativa, a empatìa, o compañeirismo, o sentido de grupo, o espìritu de axuda... alí poden ser eles mesmos e medrar. Tamén houbo algunha caida de cù e algùn pincho cravado...e iso tamèn nos axuda a medrar...
recollimos o lixo |
O caso è que xa estamos planificando a próxima saìda, Moura
virà con nòs, quere topar à sùa nai
buf…a aventura està servida!!!!
Non son ideas orixinais miñas, as bosquescolas naceron nos anos 50 en Dinamarca e en en Alemaña xa hai mais de 1000, en España, existen tamèn diversas iniciativas baixo este formato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario