mércores, 1 de outubro de 2025

Topamos a Mouri, xa pode comezar o curso!

Agora sí estamos todas. Podemos comezar a transitar unha nova aventura, faltan algunhas crianzas-que marcharon para primaria-  e ben que lle notamos a ausencia, pero Mouri segue con nós, tivemos que vir  buscala ao Coto Morgallón porque parece que non se enteraba de que o curso 2025/26 xa comezou! ou sí que o sabía pero non tiña ganas de abandonar o dolce far niente do veran. ou foi unha broma porque lle encanta vernos corricar polo monte...ou foi a profe que argallou todo para dar a primeira lección de xeografía, toponimia, ciencias naturais, relacions social, ximnasia, quendas de xogo e tantas outras cousas aprendizaxes camufladas de disfrute....e para dar a coñecer ás novas incorporacións a figura de Mouri e a súa nai,  Moura así como as promesas de aventura que traen con elas.

Así que, nestas primeiras semanas hai que compaxinar a atención esmerada e coidadosa ás crianzas que chegan novas e as que voltan, coa pelexa amarga coa administración que cada ano maltrata máis as docentes, especialmente ás Unitarias, que quere dicir que maltrata ao alumnado, profe mediante.

Pero resistimos, co apoio das familias e o entusiasmo das nenas e nenos, non afrouxaremos no empeño de salvagardar unha educación respectuosa e de calidade integrada na comunidade. Traballaremos duro para conseguilo, ánimo a todas, fácil non é, se non fora pola maxia das crianzas non poderíamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario