xoves, 26 de xuño de 2025

A EEI TAboexa na Facultade de Educación de Ourense

A decana Isabel Mociño e a vicedecana Maribel Doval tiveron a ben escoitar o meu relato, conteilles como é que a EEI Taboexa despois de observar escrupulosamente criterios psicopedagoxicos de respeto e confianza hacia a infancia, respecto polas persoas vulnerabeis, polos diferentes niveis madurativos e polas necesidades propias da infancia como o xogo e o movemento, e confianza en que as crianzas QUEREN , e isto o demostran todos os días, APRENDER. Queren ser maiores esfórznase por ser competentes e complacernos, buscan noso recoñecemento e o gañan a pulso.

Pois seguindo o fío, aclarada a prioridade do aspecto

psicopedagóxico, abordamos a cuestión social: cómo é que a Escola ten unha grande influencia na sociedade e por tanto debemos decidir qué influencia queremos ter, e a EEI Taboexa sitúase conscientemente no seu contexto de forma orgánica e fluída, e quere ser parte do tecido social e natural, beber da nosa contorna e aportar tamén a ela. Así andamos sempre visitando e recibindo visitas e sobre todo, andamos sempre no exterior, na natureza, esa sede perfecta para os humanos, a este corpus de ideas e intencións chamámoslle dende a Escola: VIRAR A MIRADA.

E viramos a mirada hacia o monte e topamos a Moura, os petróglifos, os curutos as fontes e os muíños, así argallamos o proxecto MONTESCOLA(1), e as visitas semanais á Fonte da Moura (da Cabreira en verdade). Contei tamén do proxecto Mercurio², contei cómo algúns pequechos da contorna cercana teñen a sorte de que é a escola quen os vai buscar a casa no seu primeiro día de cole, contei todo o que puiden mentres elas escoitaban se cadra complacidas sentindo que a nosa mensaxe encaixaba coo seu propósito de renovar a Universidade. Complacida eu tamén de ser escoitada con interés e de ver como tmén na Universidade se pula pola calidade do ensino.

Creo que desta reunión sairán proxectos de colaboración que servirán para difundir o traballo, para que os futuros mestres e mestras saiban que outra escola é posible, unha escola onde crianzas e mestres e familias son felices. Felices aprendendo. Xa está dito arriba. O ser humano quere aprender e ser mellor.

E fomos convidados a coñecer a Facultade e eu pensei ...e por qué non, nunca se sabe onde pode nacer algo bonito, algo grande... hei de levar ao meu alumnado e comunidade educativa a coñecer o edificio brutalista, cheo de ferros e formigón que alberga corpos e mentes pulando polo estudiantado poñendo todo o corazón no empeño.

Estou agradecida á decana e a vicedecana por dedicarnos o seu tempo e tamén á miña amiga Rosa Graña por auspiciar este encontro, ela é a madriña da Escola, sempre mirando por ela, por que se coñeza o traballo, por que se recoñeza o labor, por difundir o arriba dito: Sí, é posible.

(1)

o proxecto mercurio no blog da escola

(2)

montescola no blog


Ningún comentario:

Publicar un comentario