...e Angel e Marian, lonxe de mostrar cansanzo ou preguiza de"aturar" o rebumbio desta manchea de pequenos alborotadores, sempre nos reciben con cariño e xentileza. A visita semella sinxela a primeira vista pero a pouco que se observe, un pode encontrar boas fonduras, nada...chegamos, merendamos, convidannos a un café (a mín e á nai de Ezequiel, que nos acompañou) a un café, visitamos a horta, as crianzas xogan un pouco no xardín, (qué xardín!) e marchamos cuunha pranta para cada quen, cortesía da Casa Uma, ah, nos tamén lles deixamos uns agasalllos feitos polo alumnado, bah, nada!... Nada e todo porque o espazo destila harmonía e beleza alá onde mires,
porque a horta é unha marabilla do coidado respectuoso da terra, porque os nosos anfitrións nos dedican o seu tempo e o seu espazo con gran xenerosidade, porque o Cosmos que levamos saíu da súa horta e levará un cachiño da Casa Uma aos nosos fogares, porque durante case un par de horas estes meninos e meninas respiraron amor fora da súa casa e do cole, o que lles aporta a confianza precisa para propiciar o
modo descubrimento, e encontraron un espazo de respecto e coidado á natureza que servirá de exemplo para as súas pequenas/grandes vidas.
Grazas pois Marian e Ángel pola vosa dedicación e por coidar ese espazo tan especial, que ata a Moura gusta de visitar. A Escola de Taboexa mantén o firme propósito de relacionarse de modo fluído coa contorna próxima, cousa que é posible se alguén nos dá esa oportunidade, que suma ao noso proxecto. Agardo que atopedes vós tamén algo positivo da nosa visita, anque só sexa a estela de vida que destilan estas crianzas cando se moven libres e alegres por un lugar que senten amable e seguro.
Imos para casa contentas co Cosmos que nos lembrará por un tempo, que temos boas amizades fora dos muros da Escola.
Agardamos nós agora a vosa visita, ata entón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario