domingo, 3 de maio de 2026

a visita dos ex

No Concello de As Neves os días festivos  (29 de xullo e 5 de agosto) coinciden fora do calendario lectivo, por ese motivo os claustros dos centros educativos eliximos cada ano 2 días non lectivos aparte do calendario oficial.

A  normativa recomenda que todos os centros dunha localidade elixan os mesmos días, máis eu teño boas razóns para non facer caso (o interés superior do menor) así que elixo un deles diferente do CEIP a

mantenta para que o exalumnado poda visitar a súa querida Escola Infantil.

E ahí van chegando e debuxando un sorriso na miña cara pola alegría de velos e a satisfación de constatar que libremente, esta vez sí, eles e elas senten que visitar a escola é unha idea apetecible.

E non facemos nada especial, ou sí, xogamos o bingo, xogamos co paracaídas...pero sobre todo acontece unha vinculación multidirecional con grande valor:

O alumando actual vese reflexado nos maiores e proxectan o seu futuro cando éstes falan de cómo é a primaria, qué aprenden, se é fácil ou difícil... Algúns se coñecen e outros non, pero xa se traballou todo o que levamos de curso na confianza, por iso a visita non supón unha aemaza, a profe está atenta a este punto. O ex-alumnado revisita o pasado e identifícase cos meninos e meninas que eles foron ao relacionarse cos meninos pequenos. A mestra enlaza o pasado, o presente e o futuro cando propicia esas conversas e esa convivencia entre alumnado e exalumnado que para ela é o mesmo. O espazo vivo e amable da Escola de Taboexa acolle de novo a eses, algúns xa mangallóns, constatando os seus cambios corporais, pois sentar na cadeira ou subir á rampa do columpio son vivencias que xa se transformaron respecto a aqueles felices tempos da Escola Infantil. O espazo segue a ser acolledor despois dos anos, claro, eles ben saben que é a súa segunda casa.

En definitiva, todos os anos, propiciamos este encontro alumnado actual-exalumnado-espazo-profe, e todos os anos na hora de marchar queda nesta unha sensación moi reconfortante. A de estar facendo unha escola viva, con lazos dinámicos e organicos co seu contexto espacial e temporal.

Mentres o ex-alumando siga aceptando a nosa invitación, ese día de cansanco e emocións fortes servirá de motor ilusionante do proxecto educativo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario