Esta é a cadeira onde, dende hai 12 anos, cada mediodía conto un conto ao meu alumnado, dende ela convídoos a voar coa imaxinación a lombo dunha historia, como precisamente hoxe dicíamos, divertida ou terrorífica, romántica ou de aventuras, que os confronte coa vida de cada un e coa realidade.
Seica este fin de semana andiveron por aquí uns malandros que se divertiron de lo lindo, se é que destruir é divertido: quebraron a cadeira, torceron o ferro da pá e do rastrillo, esnaquizaron varios ladrillos e deixaron todas as ferramentas regadas polo patio. Por se non fora abondo, deixaron no chan a lata baleira de refresco e a bolsa das chuches nun alarde de incivismo para vergoña dos seus adultos de referencia. Non sabemos quén son uns nen outros.
Qué mágoa e que raiba.
Mágoa por pensar que estas persoas non lles importou que estaban danando as instalaciónse o material das crianzas pequenas, eses que nos abrandan o corazón a todos, mesmo a eles se nos deran a oportunidade. E raiba porque así deste xeito, é como esta sociedade pouco a pouco vai pechando portas e instalando pechos, cadeados e alarmas, ao tempo que se instala en nós a desconfianza hacia o outro.
A cancela da escola está e estará aberta para o desfrute de toda a veciñanza. Non pode ser doutro xeito, pois é un espazo de todos e todas, por ese motivo, agardamos que o coidedes como ase fora voso, porque o é.
Oxalá non se repita esta escea desalentadora, as portas están abertas para que os malandros veñan a explicarse diante das crianzas, saberemos entendelos se nos prometen que non o volven a facer. Todos fomos adolescente.

.jpeg)
.jpeg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario