domingo, 22 de novembro de 2015

As tarefas do encargado/a



O primeiro que comeza a traballar no cole è o encargado, às 9 debe de estar no cole , se non è asì perde o turno e pasa ao seguinte da lista.
 O encargado axuda à profe nalgunhas tarefas, ao principio do dìa elixe 2 compañeiros/aspara que lle axuden, pois ten bastantes responsabilidades...hai que colocar os coxìns, pasar lista, cambiar a toalla sucia por unha limpa, rexitrar o tempo atmosfèrico e a temperatura do dìa, rodear o dìa no calendario e por ùltimo deseñar o plan do dìa de acordo às rutinas diarias.
Non todo son traballos, tamèn ten certos privilexios, por exemplo, sentar ao lado da profe ou elexir a actividade para despois do recreo, sempre de acordo cos compañeiros e a profe...
Ao longo da mañán terà mais tarefas: repartir as libretas e as pinturas, etc.
Despois do recreo entrarà na aula mentres os demais recollen os xoguetes do recreo, coloca os coxìns para a relaxaciòn e elixe a mùsica.

E ao marchar para  a casa, os coxìns e as tarxetas deben quedar gardados.
O encargado/a asume un certo protagonismo ese dìa, asume certas responsabilidades e practica habilidades acadèmicas, interpersoais,  de organizciòn etc.,  Case todos gustan de ser encargado, pero mesmo aos que non gustan, por timidez ou sensaciòn de non saber facer ben as tarefas, precisamente a eses, è que lles convèn practicar estas tarefas. Deste xeito vanse relaxando e ganañando autoestima ao verese capaces de aumir esas tarefas.

luns, 26 de outubro de 2015

A Moura quere ter un corazòn

Moura desapareceu do cole, vaia susto, pensaba que a profe lle arrincarìa o corazòn...era unha broma, teràs o teu corazòn, Moura, para que soe tic tac, tic tac

Mosto


 
No tempo das uvas no cole facemos mosto, non podìa ser doutro xeito, ao estilo tradicional e moderno, e que delicioso estaba!

Mandala

Mandala significa cìrculo sagrado en sànscrito. dende tempos inmemoriais a xeometrìa sagrada està presente en diferentes culturas e relixiòns e ten deixado a sùa pegada en megalitos, catedrais, mexquitas, estupas piràmides e templos.
Estas figuras transmiten en quen as realiza e contempla,  mensxes de sabidurìa intuaiciòn, concentranciòn e relaxaciòn
En setembro tivemos a visita de Lourdes que nos agasallou coa sùa compaña e coa realizaciòn deste mandala tan bonito
Grazas Lourdes!


A Moura de Taboexa

A Moura de Taboexa deixounos a sùa filla para que xogue con nòs e aprenda as letras, os nùmeros, a debuxar, a poñer o mandilòn, a pasr lista, a xogar ao bingo, ao cinquillo, a ver contos, xogar coa plasti, xogar no patio, cantar, escoitar contos, bailar, disfrazarse, relaxarse, facer crebacabezas, fichas...en fin, ela sola no monte abùrrese e xa lle doen os pes
(isto è do curso pasado pero...està tan presente...

calendario escolar

http://www.edu.xunta.es/portal/calendarioescolar

mércores, 2 de setembro de 2015

Lexislacion sobre Educaciòn Infantil en Galicia

Ás veces tratamos de acudir à lexislaciòn para poñer luz sobre asuntos polèmicos ou conflitivos (cándo se agarda que un neno/a aprenda a ler e escribir, por exemplo), às veces topamos axuda, as mais delas, non (coma no caso do exemplo), aìnda asì  sempre è positivo estar ao tanto:


comezamos unha nova aventura!

Con permiso de NOVA ESCOLA GALEGA…
Os nosos mellores desexos para este novo curso!!
Botamos man desta ilustración do amigo Leandro Lamas e das acaídas reflexións de Daniel Pennac na obra "Mal de escola", nas que conta como unha mestra establecía unha relación espontánea entre unha clase e unha orquestra.
" Cada alumno toca o seu instrumento, non paga a pena ir en contra. O importante é coñecer ben os nosos músicos e atopar a harmonía. Unha boa clase non é un rexemento que marcha ao paso, é unha orquestra que traballa a mesma sinfonía. E se vostede herda o pequeno triángulo que non fai máis que tin, tin, ou o berimbao que non fai máis que boing, boing, o bo é que o fagan no momento adecuado, o mellor posible, que se convertan nun bo triángulo, nun irreprochable berimbao e que estean orgullosos da importancia da súa contribución para o conxunto. Como o gusto pola harmonía os fai progresar a todos, o pequeno triángulo acabará, tamén el, por coñecer a música, probablemente non dun xeito tan brillante coma o primeiro violín, pero coñecerá a mesma música."