Pois seguindo o fío, aclarada a prioridade do aspecto
xoves, 26 de xuño de 2025
A EEI TAboexa na Facultade de Educación de Ourense
Escola da Rata
se polo romanticismo dos tempos antiguos (vistos dende o benestar de hoxendía), máis embebidos de humanidade (presuntamente) e relacións cercanas ou porque sabía que precisaba bastante autonomía para desenvovler a escola que eu soñaba. Sexa como for no ano 2014 cheguei a Taboexa chea de ilusión e topei aquí, moitas alfaias, a primeria, a lenda da Moura que me levou da man todos estes anos por máxicos camiños , e despois, unha manchea de familias que ampararon decididamente a miña proposta pedagóxica. Da man dunha desas familias
mércores, 25 de xuño de 2025
os derradeiros días de curso...
....e despois do gran día da Procura do Tesouro da Moura coa raposa Raquel Queizás inda quedaba outra vivencia, que non por ser calmada é menos importante: os derradeiros días de curso.
Hai xa anos que me decatei do gran erro que era asignar o derradeiro día de curso para o evento de despedida (festival, festa, ertc...) . Eu ben vivín como as emocións do evento final chocaban coa emoción propia do derradeiro día e unhas non deixaban disfrutar das outras, interferíndose mutuamente.
Na procura do Tesouro da Moura de Taboexa
Pero comecemos polo principio. Temos un mapa da Cova da Moura, alí están (presuntamente) o Tesouro, Mouri e a merenda prometida. Sabemos que a Raposa é crucial para topar o camiño certo. A Raposa é Raquel Queizás, contadora de historias de profesión e raposa como identidade sentida; ela leva xa uns anos acompañándonos coas súas historias de galiñas, ourizos, lobos, todos animais do monte amistosos cómplices das nosas andanzas.
Mina, a avoa de David (David xa non é alumno pero lembrámolo ben) ven
Montescola 25
grazas, por ter a enerxía para abordar este marabilloso e exixente proxecto, por ter a axuda que preciso e, sobre todo, porque todas as crianzas disfrutaron sen mancarse. Ou acaso ignoramos inxenuamente que a seguridade física das crianzas é unha das principais preocupacións dos mestres? O que pasa é que sabemos que é precisamente o espíritu explorador dos cachorros humanos o que os impele a medrar e ser máis competentes, e non nos queda máis remedio que conxugar iso coa
o Museo de Pontevedra, a nosa casa
xoves, 5 de xuño de 2025
sen emoción non hai aprendizaxe*
Sobre esta afirmación, que moitos de nós subscribiriamos de forma intuitiva, hoxe a neurociencia ofrece evidencia e explica algunhas claves dos seus procesos; que son as emocións, como xorden, que función teñen, como inflúen na aprendizaxe, como inflúen os demais nelas …