mércores, 25 de xuño de 2025

Montescola 25

Fixémolo outro ano máis, e cada ano darei as
grazas, o primeiro por ter a enerxía para abordar este marabilloso e esixente proxecto, por ter a axuda que preciso e, sobre todo, porque todas as crianzas disfrutaron sen mancarse. Ou acaso ignoramos inxenuamente que a seguridade física das crianzaas é unha das principais preocupacións dos mestres? O que pasa é que sabemos que é precisamente o espíritu explorador dos cachorros humanos o que os impele a medrar e ser máis competentes, e non nos  queda máis remedio que conxugar iso coa seguridade física e sufrir mentres eles ruben despreocupadamente á árbore, soríndolles nunha mensaxe de ánimo....un paradoxo máis da vida da escola!

Bueno Montescola, o de todos os anos, Mouri desaparece moitas veces ao longo do curso pero esta vez a cousa vai en serio, tanto, como que Moura, a súa nai, visita o cole (deixa as pegadas no chan) para deixarnos unha misión, buscar a Mouri polo monte: Facer Montescola, e en que consiste iso: Pois o dito, pasar unha semana na procura de pistas que nos guíen. 

E así foi, primeiro preparar o espazo, con desbrozadora, motoserras, sacho, rastrillo...para deixar a área de Monte Comunal, A Fonte da Moura (Fonte da Cabreira en verdade) en condicións para as crianzas, grazas por isto ás familias, á veciñanza  e á Comunidade de Montes.

Despois levar o material preciso: botas, chanclas, proteción solar, papeis, rotus, botiquín, cordas, bolsas, prismáticos, lupa, o corno, tixeiras, pegamento, papeleira....un pouco de todo, como se foras de camping.

E o luns comezamos: as 9 xuntámonos alí e planificamos o día, temos unha misión!, despois chegan Judit e Mica * e saudamos ao sol, hai que estar en forma, que hai que camiñar polo monte! Levamos o corno, os prismáticos e a lupa e arrancamos: Onde imos hoxe? Ao Coto Morgallón?...vale! Polo camiño vai aparecendo animais, cacas de diferentes formas, e ata restos de pelo de Mouri, sinal de que imos ben. Pois sí, alá arriba no coto Morgallón había unha pista, un caderno para Baia e un cacho de mapa!

Voltamos satisfeitas ata a nosa base, a Fonte da Moura e, despois de lavar as mans e merendar, podemos traballar un pouco ou ver uns contos con Judit e Mica, e despois....Xogar! xogar no monte, xogar coa auga, na lama, xogar en colectivo, inventar, planificar , construir imaxinar....xogar-crecer-xogar-aprender, xogar-madurar....

As 13 marchan Mica e Judit e ven unha nai/pai do cole a acompañar a última hora.

E así cada día un lugar, un caderno, un cacho de mapa...Transitamos o monte e coñecemos os lugares que albergaron antes que a nosa, a vida dos nosos antergos, valoramos o noso Patrimonio: petróglifos, muíños, curutos....que é o que nos constrçue como comunidade ....

Así ao final da semana completamos o mapa e a nosa misión! bueno a primeira parte, pois para concluila precisamos a axuda da Raposa (a aventura final ten a súa complexidade, nn pensedes!)

Voltamos pois ao cole satisfeitas  despois dunha semana de experiencia inmersiva na Natureza, confirmando que sí se pode, que a Natureza é o lugar ideal para as crianzas, porque ofrece a cada quen o estímulo que precisa para medrar dende o lugar onde se atope a nivel cognitivo, emocional físico e social, un estímulo suave sen as estridencias das pantallas.

Voltamos ao cole. Sen Mouri pero felices, pois levamos a promesa de máis venturas emocionantes.


* A EEI TAboexa fai un acordo de colaboración coa EFA A Cancela, de Tortoreos, As Neves, polo que 2 alumnas do ciclo superior de Educación Infantil acompañan o proxecto Montescola básicamente dedicadas ao coidado xeral do grupo e con algúnha atríbución específica como o facerse cargo do saúdo ao sol, os contos , lavado de mans, botar proteción..... A axuda é moi moi grande, a súa aportación e moi valiosa, a cambio elas levan unha experiencia, por unha banda gozosa, pois son persoas vocaionais, e por outra banda que lles fai vivir a escola dende un criterio diferente ao convencional mostrando cómo as posibilidades de acompañar crianzas non se reducen ás 4 paredes da aula ou ás fichas de traballo....Moi agradecida tamén á EFA A Cancela por esta gran axuda.


 














Ningún comentario:

Publicar un comentario