mércores, 25 de xuño de 2025

Na procura do Tesouro da Moura de Taboexa

No día grande da Escola, nunha emoción apoteósica, inda faltando 10 días para rematar o curso, celebramos o colofón de, para algúns (e é precisamente para eles este día, os outros, só, están practicando pra cando lles toque....) tres anos de escola, a súa primeira experiencia escolar. Hoxe é a despedida dos que marchan para primaria, hoxe a Moura de Taboexa llles entrega  chave do futuro e a carta de despedida, é verdadeiramente emocionante, é emocionante estar a escribilo e a rememoralo...

Pero comecemos polo principio. Temos un mapa da Cova da Moura, alí están o Tesouro , Mouri e a merenda prometida. Sabemos que a Raposa é crucial para topr o camiño certo. A Raposa é Raquel Queizás, contadora de historias de profesión e raposa como identidade sentida, ela leva xa uns anos acompañándonos coas súas historias de galiñas, ourizos, lobos, todos animais do monte amostosos e nosos cómplices.

Mina a avoa de David (David xa non é alumno pero lembrámolo ben) ven de visita, e tamén Marian e Angel de Cas Uma (aloxamento rural de Taboexca, vellos amigos tamén) e tráennos unha mensaxe da Raposa....as

pegadas de Raposa por todo o cole tamén non fan desconfiar...

Sí, hoxe é o día, hoxe seguro que ven a Raposa, e tanto que sí pois non son as 10 da mañá e xa asoman unhas orellas puntudas pola ventá...Sí" é ela!!!! todos van ao seu encontro con algazara....bueno os máis pequeniños non entenden moi ben o que pasa (os outros saben que Rauel é a Raposa e a Raposa é Raquel e non ven niso nigún porblema) pero únense á diversión de contado!

Collemos o mapa, o corno os prismáticos e pómonos en marcha, hoxe sí que é o día! Hoxe sí que temos unha misión!

E percorrendo de novo o monte cos seus lugares sinalados, , entre conto e conto, finalmente chegamos á Cova da Moura, e,efectivamente alí estaban Mouri, a merenda , o Teosuro e as chaves do futuro e as cartas para os maiores. Non hai palabras para describir a emoción deses momentos. 

E outra vez a merendar e a xogar e voltar ás nosas vidas xa con Mouri recuperada, que xeitosa co seu vestido de festa!, qué contenta se puxo ao vernos! Como nos vacilou facéndonos buscar as pistas durante unha semana por todo o monte Sanomedio! que pillabana!















Ningún comentario:

Publicar un comentario