xoves, 5 de xuño de 2025

sen emoción non hai aprendizaxe*

A emoción é a enerxía que move o mundo.
Sobre esta afirmación, que moitos de nós subscribiriamos de forma intuitiva, hoxe a neurociencia ofrece evidencia e explica algunhas claves dos seus procesos; que son as emocións, como xorden, que función teñen, como inflúen na aprendizaxe, como inflúen os demais nelas …

Xa sabemos que todo o que pensamos, facemos, dicimos e sentimos é o resultado do diálogo do cerebro co exterior, cos acontecementos externos ou internos. O que non sabiamos quizais, é que o motor daquela actividade é a emoción, que compartimos cos mámíferos esta circunstancia e que parte do seu procesamento é inconsciente. E ese é o gran descubrimento da neurociencia que quero destacar nesta texto: que o sistema límbico fai unha primeira valoración inconsciente de todo acontecemento ou estímulo que chega a nós, que pode ser positiva ou negativa, de aproximación ou de evitación| (1). En caso dun acontecemento ameazante para a nosa supervivencia o grao de resposta é máximo: taquicardia, sudoración, cambios no ton muscular, é a resposta psicofisiolóxica. É inconsciente. O corpo prepárase para fuxir ou atacar segundo sexa o caso.. Toda a actividade do organismo que non sexa vital detense para poñerse ao dispor da emerxencia
Tambien hai unha resposta comportamental que é a expresión emocional: un xesto no rostro, un cambio no ton de voz, un cambio de postura.. Milésimas de segundos despois o sistema límbico informa convenientemente á cortiza cerebral e prodúcese o sentimento (medo, enfado ira…), que é a emocion feita consciente. Entón poderemos modular nosa resposta para que esta sexa eficaz As emocións foron e son necesarias para a adaptación ao medio e para a supervivencia. A emoción é entón, un estado complexo do organismo, como resposta a un acontecimietno externo ou interno, e caracterizado por unha perturbación que predispone á acción. Que motiva. Que nos informa sobre os demais e sobre nós mesmos, que pode influír sobre os demais, que intervén no proceso de toma de decisións, que inflúe noutros procesos mentais, en definitiva, atravesa toda a nosa actividade como seres humanos, por iso é tan importante coñecela para modular a resposta, o que chamamos educación emocional. Na escola a emoción, é o resultado da valoración inconsciente de, poñamos por caso, a proposta da profesora. Se a valoración é positiva activarase a curiosidade, a atención focalizada, a creatividade e a capacidade de razoamento, se é negativa emerxerán a apatía, a indolencia e a atención dispersa. Con todo non se trata de converter a escola nun parque temático sobreestimulante que promete diversión sen fin. O alumno/para está, de forma natural en estado de aproximación, contamos a priori coa súa complicidade, só temos que actuar, como sistema educativo, respectando o seu momento evolutivo e os intereses, necesidades e capacidades asociados. Doutra banda, un acontecemento non xera as mesmas emocións en todas as persoas, inflúen outros factores como a experiencia persoal, a sensación ou non de competencia, o seu momento vital, etc… por iso temos que coñecer ao noso alumnado. É un traballo diario e incansable de toda a escola en todos os niveis para que o sitema de busqueda activado por defecto non se apague e dea lugar ao de evitación. Ninguén dixo que ser mestra era fácil En canto á anatomía das emocións podemos dicir que o cerebro paleomamífero alberga o gran centro de procesamento emocional: o sistema límbico. Alí alóxanse certas estruturas que funcionan coordinadamente e que conectan coa cortiza cerebral, o órgano executor, con vías nerviosas que, por certo, son mais numerosas de ida que de volta, o que redunda na maior influencia das emocións no pensamento que ao revés. Descubriuse que os mamíferos podemos sentir emocións de maneira desligada da cortiza cerebral e estas emocións clasifícanse en 7 grupos, que se vinculan con outros tantos sentimentos: a procura, a ira, o medo, a lascivia, o coidado, o pánico e o xogo. E que papel xogan os demais nas nosas emocións? Os seres humanos estamos programados para a interacción social, e toda interacción social está entreverada de emocións. As neuronas espello vincúlannos emocional e mentalmente; de bebés, impúlsannos a imitar as accións dos demais segundo a intención que lle atribuímos; a medida que inhibimos a imitación, as neuronas espello permítennos deducir intencións, crenzas e desexos dos demais, en definitiva, interpretar a súa conduta, comprender ás persoas ata o punto de sufrir coa dor allea, si, sufrir, porque a dor social é dor real. Podemos entón afirmar que o binomio emocion-cognición é indisoluble. Xa coñecemos como se activan a memoria, a curiosidade, a creatividade, a atención, etc, Esta evidencia interpélanos a todas as persoas con algunha responsabilidade no sistema eduactivo, desde a administración pública ata o profesor, debemos facernos eco da repercusión do mundo emocional na aprendizaxe, asi optimizaremos o noso labor: Axudar a que outro aprenda.

* éste é un dos traballos que fixen para un curso de neurociencia organizado pola UNED que acabo de rematar, non descubro nada novo pero qeuría compartilo aquí, para quen queira ampliar informaicón temos no cole libros á disposición:
Mora, F., NEUROEDUCACIÓN, Alianza Editorial
Blakemora, S., COMO APRENDE EL CEREBRO, Ed. Ariel
(1) Apaixoáronme moitos dos coñecementos qeu aprehendín no curso e éste é un deles, o sistema de aproximación /evitación, que noutra entrada expoñerei

Ningún comentario:

Publicar un comentario