mércores, 25 de xuño de 2025

o Museo de Pontevedra, a nosa casa

Porque a forza de ir todos os anos e de sentir o coidado e a atención esmerada dos seus profesionais, dende o garda de seguridade, as persoas de recepción, a responsable do departamento de didáctica, Paula Tilve, que desta volta non a vimos pero sentimos a súa simpatía, e por suposto a nosa estupenda guía Sabela Santos, a forza de sentirnos cómodas alí, xa entramos con esa confianza que dá o saber que imos gañar coa visita, que sen saber qué e como nos van ensinar, vai ser construtiva. E así foi, a gúía que nos fixo Maruxa deixaba ver o coñecemento e o dominio da materia, o esforzo por certasr, por facer un chamado doce á atención das crianzas pequenas e traelas ao mundo da arte e a cultura con palabras que elas entendan, con tempos que elas poidan xestionar, coa comprensión de quen sabe que as estamos levndo a terreo adulto (non correo, non berrar, non tocar, gran esforzo o que se lle pide), e coa habilidade de quen manexa os contidos que está a tratar. Grazas pois outro ano por acariñarnos coas vosas porpostas. Todo o grupo disfrutou, a foto o atestigua.

A visita  complementámola co Centro de Investigación Forestal de Lourizán. Pero... cómo pode ser que non foramos antes a semellante xoia da nosa terra? O edificio, os xardíns, o invernadero co estanque, a mesa de pedra xigante, a cova, a fonte dos espellos...éste é o patrimonio que debemos coidar e transmitirlle ás nosas crianzas o noso orgullo por él. Grazas tamén ao noso guía que con dedicación nos agasallou co seu tempo e esmerada atención.

Estas saídas son  unha preciosa ooprtunidade para  afortalar lazos da comunidade educativa e coñecer mundo, coas crianzas dunha man e da outra os grandes profesionais que temos, entregados ao seu labor de coidado e custodia do noso patrimonio para o disfrute de todos.






Ningún comentario:

Publicar un comentario