A mestra conta unha historia con libro ou con monecos, unha historia con valor literario, con modelos positivos, unha historia que non transmita violencia, depredación ambiental consumismo nen machismo, unha historia que eles escoitan con atención, aprendendo a focalizar e a comprender relatos cada vez máis complexos. Afinando a comprensión linguística e a comprensión deles mesmos e do mundo.
Ás veces é un conto clásico onde o seu protagonista debe superar atrancos da vida -ás veces atroces, se non que lle pregunten a Hansel e Grettel- para finalmente acadar o seu obxectivo, e transmitir ás nosa crianzas que, con tesón e perseverancia o ben sempre triunfa sobre o mal. Que se nos esforzamos conseguiremos as nosas metas, son as mensaxes implícitas que vehiculan estes contos que, por crueis que ás veces parezan, conectan con medos e pensamentos íntimos e casi subconscientes das nosas crianzas, perdidas aínda no complexo mundo adulto. Perdidos inda estamos nós cantas veces, quen nos dera aliviar o noso desasosego cun contiño narrado con dedicación e esmero...
Outras veces é unha historia disparatada que conecta coa súa mente máxica e valida así os seus pensamentos loucos afastádos da nosa lóxica adulta.
En calquera caso é un momento máxico para unha doce despedida, individualizada, cun bico, un aloumiño ou como cada un deles /as prefiran, emprazándonos para mañá repetir a misma experiencia pero totalmente diferente.
Así as xornadas sucédense unhas a outras coa mesma estrutura, de xeito que a crianza sabe a qué ven cando ven ao cole, maáis cada parte da estrutura énchese cada día con vivencias diferentes por tanto as rutinas non son monótonas, moito menos cando os xoves subimos na hora da merenda á Fonte da Moura, para xa non baixar, ou cando saímos a unah das múltiples excursións que facemos pola contorna ou en bus a destinos un pouco máis afastados. Ou cando recibimos visitas....
O propósito das rutinas é aportar seguridade e confianza, o desafío das rutinas é que iso son implique monotonía. Na EEI Taboexa traballamos arreo para coordinar as dúas forzas opostas: seguridade versus tedio. Creo que o imos acadando, ou alo menos, estamos no camiño.


Ningún comentario:
Publicar un comentario